Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Luns, 15 de Xuño de 2026
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

Xornadas de Administración Electrónica 060
Data: 23 de Febreiro de 2010
O xoves 25 de febreiro, as asociacións de mulleres terán un taller especialmente adicado a elas a partir das 16h. no Telecentro da Casa da Xuventude.
O venres 26 de febreiro, a partir das 11h. no mesmo escenario serán as persoas desempregadas as que recibirán un taller enfocado á búsqueda de emprego, trámites, ...
A partir das 14h. serán os/as traballadores/as do Concello os/as que acudirán a un taller sobre a información e trámites das administracións, así como do dni electrónico,… Tamén se realizará no Telecentro da Casa da Xuventude.
O mércores, 3 de marzo, tocaralle o turno ao público en xeral, que poderá asistir a un Taller de Administración Electrónica sobre o 060 no que aprender como atopar información sobre administracións, realizar trámites online, usar o dni electrónico,… A partir das 20h. no Telecentro da Casa da Xuventude.
Para os/as empresarios/as de Foz temos preparado unhas Xornadas Tecnolóxicas para o empresariado, que se repartirán en dúas sesións: a primeira será o luns, 1 de marzo, a partir das 20h. no Telecentro da Casa da Xuventude, cun Taller sobre a Administración Electrónica sobre o 060, enfocado ao mundo empresarial e unha sesión o martes, 2 de marzo tamén a partir das 20h. no mesmo lugar cun Taller de Utilidades Móbiles, na que a empresa Xestión Celular Galega de Vodafone impartirá un taller sobre novos dispositivos, ferramentas e solucións móbiles para o mundo empresarial, para coñecer como optimizar os recursos e como aproveitar as ferramentas móbiles para mellorar o seu negocio.
Para obter máis información e inscribirse, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Delegación de Xuventude do Concello de Foz no teléfono 982. 13 30 37 ou no correo electrónico xuventude@concellodefoz.es

Volver a Novas

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]