Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Martes, 19 de Marzo de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Deportes

Casa da Xuventude
R/ Julia Minguillón, 7 - Baixo
27780 Foz (Lugo)
Tlf: 982. 13 30 37 / Fax: 982. 13 30 40
e mail: deportes@concellodefoz.es
Horario xeral:
Luns a venres: de 10h a 13h de 17h a 20h
Sábados: de 17h a 20h

Actualidade deportiva

ACTIVIDADES:

RESULTADOS:

Fútbol

O Concello de Foz conta cunha gran tradición futbolística. Na actualidade destacan:

C.D Foz

O clube con máis historia de Foz, con máis de 25 anos de historia ás súas costas con esta denominación, e máis de 75 con outro nome. Da súa canteira saíron grandes futbolistas e actualmente conta con 4 equipos:

  • Equipo Afeccionado: milita na Liga de Rexional Preferente
  • Equipo Xuvenil: milita na Liga de Xuvenil Local
  • Equipo Cadete: milita na Liga de 2ª Cadete
  • Equipo Infantil: milita na Liga de Infantil Local

Para máis información visite o blog do C.D. Foz

A.D Santiago de Foz

A A.D. Santiago de Foz comeza as súas actividades no mes de setembro e prolóngaas ata finais do mes de xuño. Na tempada 2008-2009 conta con 60 alumnos/as practicando modalidades de: Fútbol-7, Fútbol-Sala, en diferentes Ligas Federadas, torneos e amigables.

As categorías que existen na A.D Santiago de Foz son:

  • Pre-benxamín
  • Benxamín
  • Alevín

Adestran ao longo da semana no CEIP O Cantel e as competicións sucédense durante os sábados, participando no Deporte en Idade Escolar da Xunta de Galicia, na Liga de Clubes da Mariña e diferentes Torneos en Lugo, Cedeira, Andés, La Caridad, Ribadeo, Viveiro,...

A A.D Santiago de Foz é filial do C.D Foz, colaborando con este clube na cesión de xogadores, compartindo instalacións e promocionando nenos a categorías superiores.

Veteranos

Os antigos futbolistas do C.D. Foz teñen o seu espazo na vida deportiva do Concello. Así crearon unha asociación que vela polos intereses destas persoas que desexan seguir practicando o deporte do fútbol e competir con outros equipos das mesmas características. Adestran un día por semana e xogan amigables con equipos doutras zonas de Galicia e de Asturias, e nalgunhas ocasións, con equipos doutras zonas do territorio nacional.

Ver Galería de fotos

Baloncesto

O club naceu no ano 1979, sendo así un dos club máis antigos de Galicia. No ano 1993 foi designado como mellor club galego

Durante varios anos militou na liga EBA (sendo entonces a 3ª liga española)

Actualmente é o equipo punteiro da Mariña e conta cunha das canteiras máis numerosas da provincia (o primeiro equipo é o único da Mariña que xoga en categoría nacional)

EQUIPOS

CD CELTAS 2007 - 2008
Equipo Senior 1ª División Nacional Masculina
Equipo Junior Masculino
Equipo Cadete Masculino
Equipo Cadete Femenino
Equipo Infantil Femenino
Equipo Alevín Femenino
Equipo Benjamín Femenino

Beisbol

La Costa Foz Clube de Béisbol, nace da iniciativa posta en marcha por varias persoas amantes deste deporte, a mediados do ano 2007, buscando a creación en Foz dun equipo de béisbol que poda entrar a competir na Liga Xunta de Galicia de Béisbol.

Os adestramentos do equipo se inician no mes de Outubro do 2007, contando co patrocinio do propietario del pub “LA TABERNA” de Foz, grazas a quen é posible conseguir o material necesario para iniciar o proxecto; e a colaboración do Concello de Foz, permitindo os adestramentos no campo de fútbol do CEIP O Cantel, onde se veñen realizando tódolos sábados (que non chove) de 16:00 a 19:00 horas.

O equipo conta na actualidade con 17 xogadores de diversas nacionalidades, entre eles hai persoas que xogaron con anterioridade a este deporte e outros que se inician nel por primeira vez, estando abertas as súas portas a calquera persoa a partires dos 14 anos.

Para contactar co equipo poden facelo achegándose ata o adestramento nos días e horas antes salientados ou a través da dirección de correo electrónico: lacostafozcb@yahoo.es .

Para este ano 2008 o equipo ten pensado organizar varios partidos amigables con outros equipos galegos, coa intención de promocionar este deporte na Mariña lucense e prepararse de cara á súa futura participación na Liga Xunta de Galicia, se pode ser no vindeiro ano 2009.

La Costa Foz Clube de Béisbol
La Costa Foz Clube de Béisbol
La Costa Foz Clube de Béisbol

Tenis

Este deporte está protagonizado no noso Concello polo FOZ CLUBE DE TENIS. Ten as súas instalacións no barrio de Marzán, detrás do Pavillón Municipal “Torques de Marzán”. No mes de agosto celébrase o Torneo máis importante, o “Vila de Foz”, onde compiten tenistas que se desprazan desde outras zonas de Galicia.

Piragüismo

O piragüismo en Foz ten un nome propio dende principios dos anos '80, CLUB KAYAK. Este club formou numerosos rapaces e rapazas de Foz no deporte da piragüa, co obxectivo ademais de ofrecer unha alternativa deportiva e saudable ao tempo de ocio.

Os/as integrantes deste club participan na Liga Provincial, Liga Galega e na Liga Nacional, obtendo grandes resultados nas diferentes modalidades.

O Club Kayak organiza a Travesía Ría de Foz, que reúne en Foz participantes de toda Galicia.

As instalacións deste club atópanse no ámbito da ría de Foz, na zona portuaria.

Vela

O Clube Náutico de Foz ofrece, tanto aos seus socios e socias, como a aquelas persoas que esporadicamente visitan Foz, a oportunidade de disfrutar dun contorno marabilloso practicando gran número de deportes náuticos. Tamén permite utilizar as súas instalacións, aproveitando as interesantes actividades organizadas polas súas seccións.

Escolas Deportivas

A través das Escolas Deportivas Municipais, a Delegación de Deportes do Concello de Foz pretende promocionar o deporte dende as máis tenras idades. Ofrecer aos nenos e nenas diferentes actividades deportivas e inculcarlles valores de compañeirismo, amizade, hábitos saudables,…

Ao longo do curso 2008-2009 as actividades deportivas que se están a desenvolver son:

  • MULTIDEPORTE (FÚTBOL-SALA, BALONCESTO E HOCKEI)
  • KÁRATE INFANTIL
  • XIMNASIA RÍTMICA
  • AERÓBIC INFANTIL
  • PATINAXE ARTÍSTICA
  • TENIS
  • RECUPERACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS
  • OBRADOIRO DE MANUALIDADES
  • OBRADOIRO DE CERÁMICA
  • BALLET CLÁSICO

Para máis información (lugar, días e horarios) sobre as actividades pulse aquí

As nenas e nenos nacidos entre os anos 2003-1993 (ambos incluídos) poderán participar nestas actividades.

As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes:

  • 15€/mes para os/as nenos/as que participen en 1 actividade
  • 17€/mes para os/as nenos/as que participen en 2 actividades ou máis

As familias numerosas terán un desconto dun 50%

Paralelamente, dentro das Escolas Deportivas Municipais realízanse excursións e visitas a diferentes lugares (pista de xeo, minisenderismo,…). Así tamén os pais e nais compartiron sesións de xogos tradicionais, rutas,… cos seus fillos e fillas.

Se desexas ver que tal o pasan as rapazas e rapaces nas EDM de Foz, preme no álbum de fotografías.

Instalacións deportivas

O Concello de Foz dispón de diferentes instalacións deportivas para poder practicar diferentes modalidades deportivas.

  • Piscina Municipal
  • Pavillón Municipal “Torques de Marzán”
  • Campo de Fútbol Municipal
  • Pista Polideportiva Campo da Cabana
  • Pistas de Tenis do Clube de Tenis – Marzán
  • Estadio de Fútbol Martínez Otero
  • Pavillón deportivo do IES de Foz
  • Pavillón deportivo do CEIP O Cantel
  • Pavillón deportivo do CEIP Nº1
  • Pavillón deportivo do CPR Nosa Señora do Pilar
  • Pavillón deportivo do CPR Martínez Otero
  • Pista Polideportiva en Santa Cecilia
  • Pista de Tenis en San Martiño
  • Campo de Fútbol de Cangas

Se desexas utilizar o Pavillón Municipal "Torques de Marzán", deberás solicitalo na Delegación de Deportes (Casa da Xuventude).

Información Xeral

O Concello de Foz ten unha tradición deportiva moi destacada e é unha mostra desto é a cantidade de equipos de diferentes modalidades deportivas existente na actualidade. Aquí atoparás a todos os equipos, categorías, resultados e clasificacións dos nosos equipos.

A Delegación de Deportes traballa para que os nenos e nenas disfruten dos deportes desde as idades máis temperás. Aquí atoparás a oferta das Escolas Deportivas.

Nestes intres non dispoñemos de nada recente.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]