Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Martes, 19 de Marzo de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Espazos Naturais

Espazos Naturais

O litoral de Foz en estado natural constitúe un ecosistema de grande riqueza ecolóxica, elevada calidade ambiental e interese paisaxístico, tanto pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats (de importancia comunitaria), como pola súa xeomorfoloxía e paisaxe.

Foz posúe unha grande riqueza ambiental, destacando a súa ría e os seus ríos (Masma, Centiño, Ouro e Moucide). Existe un grande patrimonio etnográfico e cultural, constituíndo espazos de ocio fundamentais. Os ecosistemas acuáticos son elementos clave na biodiversidade do territorio, tanto pola súa grande incidencia espacial coma pola súa variada tipoloxía.

Mostra da importancia e riqueza ambiental do noso municipio son os seguintes distintivos outorgados:

  • Ría de Foz: integrada na Rede galega de espazos protexidos e declarada como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluída na "Rede Natura 2000", como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Declarada tamén Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).
  • Río Masma: declarado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluído na "Rede Natura 2000", como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).
  • Río Ouro: declarado como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e incluído na "Rede Natura 2000", como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC).

Os paseos creados a beiras das nosas praias, ría e ríos facilítanos gozar da riqueza paisaxística e ambiental destes elementos. Achegarnos á ría de Foz a través do Paseo de Malates ou camiñar polo ámbito do río Ouro son algúns dos recursos que ofrece o noso municipio.

Ría de Foz

A ría de Foz está formada pola desembocadura do río Masma, cercada polas praias de A Rapadoira (de Foz) e de Altar (de Barreiros). Conta coa presenza de xuncais de marisma e áreas de carrizais con grande riqueza ecolóxica e paisaxística.

Mostra da riqueza ecolóxica desta ría é a variedade de hábitats que nela atopamos entre outros:

  • Esteiros
  • Chairas lamacentas ou areentas non cubertas con marea baixa
  • Pasteiros salinos atlánticos ("Glauco-puccinellietalia maritimae")
  • Matogueira halófila mediterránea e termoatlántica ("Sarcocornetea fruticosi")
  • Lagoas eutróficas naturais con vexetación "Magnopotamion" ou "Hydrocharition"
  • Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas
  • Dunas móbiles embrionarias
  • Bosques aluviais de "Alnus glutinosa" e "Fraxinus excelsior" ("Alno-Padion", "Alnion incanae" e "Salicion albae")

Ver completo

Paseo de Laredo
Paseo de Laredo
Ría de Foz (satélite)
Placa Paseo de Laredo
Río Masma

O río Masma nace na Serra do Xistral, cunha cabeceira ampla e ramificada, así como un curso medio e baixo que se vai estreitando. No Masma conflúen pequenos ríos como o Batán, o Castelo, o de Costal, Rañeda, Polvoreiro, Baus, Valiñares, o Tronceda e o Fraga Vella, aumentando o seu caudal.

Desemboca na ría de Foz, formando antes o amplo val de Mondoñedo e, polo Leste, o de Lourenzá.

O seu percorrido é de 46 km, cunha pendente relativamente acusada, sobre todo no seu curso superior, dun carácter marcadamente torrencial.

O río Masma é coñecido pola súa pesca de salmóns, aínda que tamén se poden pescar outras especies como troitas, lampreas, reos e anguías.

Se desexa coñecer información sobre permisos de pesca e cotos, acceda á información da Xunta de Galicia.

Máis información

Desmbocadura Río Masma
Río Centiño

O río Centiño ten unha extensión de 11 km, que o leva dende a parroquia de San Martiño á súa desembocadura na ría de Foz.

Este río destacaba pola súa pesca de troita, non obstante actualmente atópase vedado.

Os numerosos muíños existentes na súa beira dende a parroquia de San Martiño ata o barrio de Vilaxoane, dan conta da importancia deste río para os veciños e veciñas en épocas anteriores.

Río Moucide

O río Moucide ten unha extensión aproximada de 11 km, que comeza cun regueiro intermitente nas proximidades de Outeiro. Ao longo do seu traxecto bebe doutros regueiros que fan crecer o seu caudal que ten lixeiras ondulacións, sen crear acusados meandros.

O descenso na súa cabeceira é rápido pero despois transcorre por unha pendente máis suave.

Ao seu paso pola parroquia de Cangas, onde desemboca, toma o nome de río Alemparte, para morrer entre a Punta de Riosmar e os Castelos.

Desmbocadura Río Moucide
Río Ouro

O río Ouro nace na Serra do Xistral e desemboca na parroquia de Fazouro, tendo un percorrido de 30 km polos que recibe achegas dos ríos Beloi, Vao e Ferreira.

Na súa parte alta predominan as augas claras e rápidas, despois esta auga vanse calmando e dan lugar a meandros, grandes táboas e pozas. As súas marxes están limitadas por acantilados de baixa altura e na súa desembocadura, na súa marxe dereita sitúase a praia da Pampillosa.

Entre a variedade de hábitats que existen neste río, atopamos:

  • Pasteiros salinos atlánticos ("Glauco-puccinellietalia maritimae")
  • Matogueira halófila mediterránea e termoatlántica ("Sarcocornetea fruticosi")
  • Bosques aluviais de "Alnus glutinosa" e "Fraxinus excelsior" ("Alno-Padion", "Alnion incanae" e "Salicion albae")

Neste río atopamos un couto onde se adoitan pescar troitas, reos, lampreas e anguías. A presenza de salmóns é moi reducida.

Entre os mamíferos que habitan no río Ouro atópanse en gran número, as londras ("Lutra lutra") . Entre as aves que podemos observar están o ferreiriño subeliño ("Aegithalos caudatus"), o ouriolo ("Oriolus oriolus") e o gabián ("Accipiter nisus").

Tamén se di que antigamente se recollían deste río pebidas de ouro.

Podemos continuar o curso deste río dun xeito agradable a través dun paseo que nos leva ata a parroquia de Santo Acisclo Acisclo. Así tamén na desembocadura atoparemos unha área recreativa e un parque.

Se desexa coñecer información sobre permisos de pesca e cotos, acceda á información da Xunta de Galicia.

Ver Ruta Río Ouro

Río Ouro (satélite)
Río Ouro
Paseos polo litoral

O municipio de Foz posúe diferentes paseos polo seu litoral para que todas as persoas poidan gozar das súas incribles paisaxes dun xeito tranquilo e saudable.

Así, podemos enumerar os paseos existentes na actualidade, e que seguirán aumentando nun breve espazo de tempo.

  • Paseo de Laredo
  • Paseo Rapadoira-Llas
  • Paseo Llas-Peizás (en construción)
  • Paseo de Malates
  • Paseo Río Ouro. Pode obter máis información: ver Ruta Río Ouro
  • Paseo de Cangas

Ver completo

Paseo A Rapadoira-Llás
Paseo Malates
Paseo Río Ouro
Paseo Cangas
Áreas recreativas

Se o que desexa é poder gozar dun agradable día apreciando os monumentos de Foz ou a súa natureza, aproveite para descansar e repoñer forzas nas diferentes áreas recreativas que pon á súa disposición o municipio de Foz.

Elixa o lugar entre:

  • Área recreativa do Obispo Santo (San Martiño)
  • Área recreativa da praia de A Rapadoira (Foz)
  • Área recreativa da praia de Llas (Foz)
  • Área recreativa da praia de Peizás (San Martiño)
  • Área recreativa da praia de A Pampillosa (Fazouro)
  • Área recreativa Río Ouro (Fazouro)
  • Área recreativa de Os Castros (Cangas)
  • Área recreativa do Sixto (Cordido)
  • Área recreativa da Basílica de San Martiño
  • Área recreativa de Ferreira Avella (San Martiño)
  • Área recreativa de Villacizal (Santa Cecilia)
  • Área recreativa de Malates (Vilaxoane – Foz)
  • Área recreativa de Fondás (Mañente – Villaronte)
da praia de Llas
Río Ouro (Fazouro)
de Malates (Vilaxoane – Foz)
de Fondás (Mañente – Villaronte)

Nestes intres non dispoñemos de nada recente.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]