Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Xoves, 10 de Outubro de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Praias

PRAIAS

O municipio de Foz posúe 25 km de litoral onde se recollen diversas praias de fina area branca, con grandes beneficios para a saúde grazas ao seu iodo. Calquera persoa poderá escoller entre as numerosas praias, posto que cada unha nos ofrece unhas características peculiares.

Podemos elixir entre praias urbanas e con cafetarías e restaurantes próximos e praias máis illadas e tranquilas. Ou ben podemos basear a nosa elección no tipo de praia, polas súas augas tranquilas ou mar aberto, ou ben entre praias con rochas e area ou por areais longos para pasear. Se desexamos unha praia nudista, Foz tamén nola ofrece.

En Foz atopará a praia máis adaptada ás súas afeccións e desexos. Todas teñen a súa historia, o seu encanto.

Pode consultar a Política do sistema de calidade en praias e asi valorar a calidade dos nosos areais..

Unha recomendación, déixese levar e descubra pouco a pouco o encanto que encerra cada un dos nosos areais. Non se arrepentirá.

Acceda á información detallada de cada unha delas para elixir, ou elixa unha para cada momento.

Existen unha serie de recomendacións a seguir para entre todos cumprir as normas e vixiar porque se cumpran.

Declaración ambiental playas

Rapadoira

A praia de A Rapadoira é quizais a máis emblemática. Atópase no núcleo urbano e é doadamente accesible para todas as persoas que non desexen desprazarse. Rodeada por cafetarías e restaurantes, dispón de todos os servizos - Services . É de obrigada visita para calquera persoa que visite Foz. Unha característica que fai escollela a moitas familias son as súas augas tranquilas e a pequena "charca" que se forma contra o espigón ao subir a marea; para gozo dos máis pequenos.

Cada ano recibe o galardón de Bandeira Azul. Ademáis posue a bandeira da Q de Calidade.

O Paseo de Laredo, onde se atopan os faros, sepáraa da ría, e pola outra marxe un fermoso paseo, con merendeiros onde poder repoñer forzas, únea coa praia de Llas.

Nestes intres non dispoñemos de nada recente.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]