Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Martes, 19 de Marzo de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Historia

Historia

O nome de Foz parece provén da palabra “fauce”, que describe de forma gráfica a desembocadura do río Masma, facendo referencia á riqueza deste lugar e a súa orixe romana.

A historia de Foz está ligada ao mar. As antigas civilizacións, en época prerromana, chegaron a través do mar. Segundo os historiadores, a súa fundación pode remontarse á época dos ártabros, e concretamente Amor Meilán apunta á posibilidade de que Foz fose unha das factorías que no litoral galego estableceron os tartesos cando arribaron por aquí.

Máis tarde asentáronse en Foz fenicios e romanos, buscando a riqueza aurífera destas terras. No século IX, con motivo do establecemento da sede episcopal na parroquia de San Martiño, o termo municipal de Foz alcanza un relevo inusitado.

Cara ao final da Idade Media, grazas á exención á vila de Foz dos abusivos tributos e ás antigas prerrogativas e inmunidades concedidas polos Reis Católicos, a pesca da balea e a exportación da madeira foron importantes actividades económicas da poboación. Contaba por aquel entón, cun dos tres estaleiros máis importantes de Galicia.

Era o “porto de Masma” por aquela época, refuxio de navegantes, figurando desde entón en todos os portulanos de navegación, ata tal punto que, no século XII, era un dos únicos portos da cornixa cantábrica con tráfico internacional, integrado nas rutas entre Inglaterra, Flandes e Portugal.

A raíz do Tratado de Utrech, no ano 1713, España perde parte das súas prerrogativas no negocio da pesca de baleas; polo que Foz entra nunha fase de recesión económica da que rexurdirá na década dos anos ‘20. A partir de entón, o millo, a pataca, o lenzo e a estopa pasan a ser os alicerces económicos de toda a zona costeira de Lugo.

Tras a invasión francesa, a zona viuse arrasada polas epidemias de cólera e as grandes fames negras da centuria decimonónica. A emigración foi a saída para unha boa parte da poboación.

Tras a Guerra Civil o fenómeno migratorio repetiuse novamente, nunha época na que as actividades relacionadas coa pesca volven ser determinantes (conserveiras, estaleiros,…). Os anos ‘70 traen consigo a instalación do complexo industrial Alcoa en San Cibrao, e con el emprego e un aumento de poboación vinda fundamentalmente de Asturias.

O despegamento turístico comeza e a importancia do porto pesqueiro decae.

É o porto de Burela o que cobra importancia na zona, converténdose na referencia da nosa costa.

O sector servizos pasa a ser o motor económico de Foz, quedando a pesca nun segundo plano e o sector agrario de forma minoritaria.

Ver Galería de Fotos

Nestes intres non dispoñemos de nada recente.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]