Centro Social Avd. da Ribeira 27780 Foz (Lugo) Tlf: 982. 13 35 66 / Fax: 982. 14 02 21 e mail: centrosocial@concellodefoz.es asistentesocial@concellodefoz.es educadorafamiliar@concellodefoz.es |
|
A Delegación de Servizos Sociais ten a vocación de axudar a todas as persoas, sobre todo a aquelas que máis necesidade de atención amosan. Por este motivo, no Centro Social de Foz atopará persoal que atenderá o seu caso e lle aportará solucións. Á súa disposición ten un equipo interdisciplinar para acometer un mellor traballo.
Maiores | Axuda a domicilio | Teleasistencia | Persoas con discapacidade | Trámites e axudas | Actividades | Roupeiro municipal |
Programa vacacións IMSERSORequisitos:
Consideraranse beneficiarios/as, en calidade de acompañantes, os cónxuxes destas persoas, aínda que non é preciso que reúnan os requisitos de idade e pensión. Admitirase como acompañante un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice con seus pais e ocupe unha cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do/a fillo/a. En calquera dos casos, as persoas solicitantes deberán valerse por si mesmas e non padecer alteracións do comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis. Solicitude: Se xa se acreditou para viaxar a tempada pasada, non é necesario que cumprimente unha nova solicitude, posto que o IMSERSO xa se puxo en contacto con vostede para a renovación dos datos. Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou reanuda a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude ou ben achegarse ao Centro Social de Foz para cumprimentala. Debe levar consigo o seu DNI e a contía da súa pensión. Programa termalismo socialO Programa de Termalismo Social, para destinos de balnearios, podemos optar por dúas modalidades:
Requisitos:
Solicitude: Poderá realizar a solicitude no Centro Social, que deberá ser acompañada de expediente médico que acredite a necesidade de tratamento termal. |
O Servizo de Axuda a domicilio pretende dar a posibilidade de que as persoas maiores, aínda que con dependencia psíquica ou física crecentes, manteñan o seu domicilio e preserven a súa propia rede social, familia, de amizades, veciños/as, …
É un servizo no que no domicilio da persoa usuaria se realizarán tarefas de atención doméstica, de coidado persoal e/ou educación familiar e/ou doméstica, que melloren a calidade de vida no fogar.
Pode solicitar este servizo no Centro Social
Documentación a presentar:
A súa misión é atender ás persoas dependentes mediante o uso de tecnoloxías da comunicación e da información e apoio dos medios persoais necesarios ante situacións de emerxencia, inseguridade, soidade e illamento, favorecendo a permanencia no seu medio. É un servizo de máxima intensidade que se presta as 24 horas durante os 365 días do ano.
Requisitos:
Documentación a presentar:
A Delegación de Servizos Sociais presta un servizo de atención e formación a persoas discapacitadas de luns a venres, en horario de 10h. a 13h. dende o mes de setembro ata o mes de xuño. Neste servizo se alternan os talleres formativos con actividades lúdico-deportivas. É un servizo gratuíto.
Prestación por fillo menor de 3 anos a cargo Axudas non periódicas para persoas dependentes |
|||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Axudas de emerxencia socialAxudas económicas de carácter extraordinario e de pagamento único, destinadas a paliar situacións de emerxencia que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente. Requisitos:
Pensións non contributivasA Pensión Non Contributiva de Xubilación asegura a todas as persoas en situación de xubilación e en estado de necesidade unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos sociais complementarios, aínda que non se teña cotizado ou se fixera de forma insuficiente para ter dereito a unha Pensión Contributiva. No Centro Social de Foz tramitamos as solicitudes e as renovacións. Requisitos:
|
As actividades organizadas pola Delegación de Servizos Sociais para a tempada 2008-2009, de outubro de 2008 a maio 2009 son as seguintes: Taichi, Ximnasia de Mantemento, Internet, Manualidades, Bolillos, Corte e Confección, Óleo, Cristal e Danza do Ventre
Nas parroquias, as actividades programadas son as seguintes:
A Delegación de Servizos Sociais creou xunto cun colectivo voltuntario un roupeiro municipal, cuxo obxectivo é proporcionar recursos ás persoas con maiores carencias.
Así, na rúa Concello de Ribadeo número 13, estará este servizo, no que as persoas que desexen doar roupa poderán facelo e as persoas con graves carencias poderán probar a roupa existente e levala para poder satisfacer as necesidades das súas familias.
Este roupeiro está aberto no seguinte horario:
Mércores | de 17h. a 19h. |
Venres | de 17h. a 19h. |