Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Luns, 24 de Abril de 2017
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Turismo

Turismo

Avda. da Ribeira, s/n
27780 Foz (Lugo)
Tlf/Fax: 982. 13 24 26/ 982.13 33 65
e mail: turismo@concellodefoz.es
Horario verán:
Luns a sabado:de 11h a 14h de 17h a 20h
Horario inverno:
Luns a venres:de 09h a 15h
Punto de Información Turística na Basílica de San Martiño (horarios en Monumentos- Basílica).

Foz, pobo de mar e de montaña, ao que os invitamos a coñecer e disfrutar, seguro que lles gustará descubrilo.

Bañado polo mar cantábrico conta con 9 praias con brancos e finos areais, na súa maioría coa bandeira azul da CE, invitámolos a coñecer a súa costa dando un paseo que percorre o litoral entre praias e acantilados, onde poderán atopar o único castro marítimo escavado da zona, declarado BIC, data entre os ss. I e III d.C. na parroquia de Fazouro, a carón da praia Arealonga.

A nosa historia lévanos a falar do Monumento máis emblemático do concello, a Basílica de San Martiño, xa que conserva vestixios do s. VI e o actual templo data dos ss. IX-XII. Destacar as súas pinturas murais dos ss. XIV-XVI dende o románico ata o renacemento, recentemente atopáronse pinturas anteriores que datan do s. XII.

Outra das pezas que merece mención é o retablo pétreo ou antipendium, que é unha peza única. Capiteis historiados nas súas columnas e pezas tan importantes como o báculo e o anel de San Gonzalo atopados no sepulcro do mesmo, que se pode ver no interior do templo.

A Frouxeira, montaña dun 429m , na que atoparán o que foi o emprazamento da Fortaleza do Mariscal Pardo de Cela, quedan restos arqueolóxicos dos recintos da Fortaleza, e dende este antigo asentamento gozarán dunhas vistas de gran beleza paisaxística.

Isto é un recorte do que poden visitar, así que non o dubiden e visiten Foz, para sentilo paseando por cada recanto e levar un bo sabor de boca, coa rica gastronomía que poderán degustar, característica da zona, así como a boa acollida que lles brindarán os focegos e focegas.

En Turismo en Foz, estaremos encantados de atender as súas consultas na Oficina de Turismo.


Folletos

A continuación móstranse unha serie de folletos turísticos que pode visualizalos pulsando sobre a súa imaxe, ou ben sobre o seu nome:
Foz Beleza Natural Fortaleza A Frouxeira Castro de Fazouro Basílica de San Martiño
Foz Beleza Natural Fortaleza A Frouxeira Castro de Fazouro Basílica de San Martiño
Ás 18:30h. na Sala Bahía, teatro infantil musical da man de Educateatro Produccións, coa obra O mundo máxico de Pinocho.

Sinopse:
Ola: Eu son Pepín, o Grilo Pepín, e a historia que vos vou contar neste espectáculo comeza no taller dun carpinteiro, Gep...
Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]