Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Xoves, 10 de Outubro de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Concello >> Saúdo do alcalde

Saúdo do alcalde

Prezadas veciñas, queridos veciños.

Un auténtico pracer e un orgullo poder saudarvos desde aquí, desde a páxina web do noso Concello.

Son Fran Cajoto, veciño de Lousada en Fazouro, nado en San Martiño e coa inmensa responsabilidade de representarvos como alcalde de Foz desde o mes de xuño de 2019. Son da xeración do 83, dunha nova fornada de focenses que apreciamos en grande medida o noso pobo porque a moitos de nós tocounos vivilo dende a distancia, en variadas ocasións, por ter que gañarnos a vida fóra del.

Para tantas e tantas persoas que queren a Foz pero teñen que estar lonxe traballaremos en acurtar esas distancias, potenciando a transparencia, os servizos de atención ao cidadán, na mellora da accesibilidade á documentación, nunha maior comodidade para realizar xestiónscunha aposta decidida polo eido dixital.

Foz é turismo:clima temperado todo o ano, praias de area fina, outeiros e ríos máis que fermosos e un patrimonio histórico inigualable: un paradigma do románico como é a Basílica de San Martiño, poboados castrexos como o de Fazouro, rincóns especiais como o Porto de Nois e un mirador fundamental que cambiou a historia de Galicia como é a Frouxeira, do sempiterno Mariscal Pardo de Cela.

Foz é tradición: agrícola,pero tamén mariñeira cun porto, o de Foz, que foi referencia de todo o Cantábrico e punto de encontro e irmandadecon tantas vilas costeiras como a cántabra Laredo.

Foz é urbano pero taménrural, nove parroquias todas distintas pero co mesmo sentimento de unión nun Concello que é referencia de toda a Mariña.

Foz é cultura, Foz é deporte, Foz é progreso se lle axudamos a medrar ordenadamente e o tratamos con agarimo.

Pero, sobre todo, Foz é a súa xente. Ese carácter tan noso, afable e retranqueiro, que te fai sentir sempre na casa. Exemplo de convivencia, como corresponde a un porto de mar, integrador, que se enriquece día a día con todos aqueles que nos honrades por establecer Foz como residencia e lugar de traballo e descanso.

Darvos a benvida a esta web, darvos a benvida ao Concello de Foz, poñernos á vosa disposición en todo aquilo que precisedes e desexarvos o mellor, de todo corazón.

A máis grande das apertas, Fran Cajoto. Alcalde-Presidente do Concello de Foz

Nestes intres non dispoñemos de nada recente.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]