Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Venres, 24 de Marzo de 2017
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Concello >> Portal Emprego Público >> Fondo Social

Fondo Social

Fondo Social
Art.1

Este fondo ten como finalidade principal cubrir unha serie de necesidades sociais do persoal do Concello de Foz, tales como: bolsas/becas de estudo, adquisición de primeira vivenda, servizos sanitarios especiais, axudas, etc.

Para o exercizo de 2.007 consígnase a cantidade de 12.000€. para tódos os empregados ao servizo do Concello de Foz.

Art.2 Art.2.a

As solicitudes resoltas favorablemente que non se podan cubrir pola insuficiencia de recursos na partida con dita denominación, resolveranse igualmente a costa de reducir os topes máximos descritos para o concepto de que se trate o obxeto de non perxudicar os intereses dos traballadores e de non discriminar ou xerar perda da axuda de que se trate por razón de insuficiencia presupuestaria e pola imposibilidade de traspasar os remanentes posibles dun exercizo para outro e/ou deixar en situación de reserva unha solicitude resolta favorablemente con cargo ao Fondo Social do exercizo seguinte. Esta medida adoptarase no caso de que non existira remanente dalgún dos restantes conceptos contemplados polo Fondo Social e/ou cando aínda despois de recuperar ditos remanentes para outro concepto, a cantidade resultante fora insuficiente para dar cobertura a tódalas solicitudes resoltas favorablemente.

Art.2.b

No caso de existir remanente procederase ao reparto lineal entre todos os solicitantes.

Art.3

Consecuentemente, o Concello de Foz obrígase a consignar anualmente nos Presupostos Municipais con carácter de FONDO SOCIAL unha cantidade global como partida presupuestaria para o persoal suxeito ao presente Convenio con destino ós gastos orixinados polos seguintes conceptos:

  • Servizos sanitarios especiais : oftalmoloxía e odontoloxía
  • Bolsa de estudios
  • Adquisición de primeira vivenda
  • Outros : axudas de emerxencia social, garda/coidado de discapacitados, e outros que poida propoñer o Concello ou o Comité de Empresa, resolvéndose pola Comisión Mixta.
Art.4

A cantidade global obxeto de negociación pola Comisión Negociadora que a tal efecto se designe, ou no seu caso á Mesa Negociadora ou o órgano de negociación existente no Concello, distribuirase da seguinte forma e coas seguintes (1) porcentaxes:

Servizos sanitarios especiais 40% 4.800€
Bolsa de estudos 40% 4.800€
Adquisición de primeira vivenda 40% 4.800€
Outros 40% 4.800€

(1) Os remanentes de cada unha das partidas poden pasar a outras partidas deficitarias.

Art.5

As cantidades resultantes de aplicar as porcentaxes citadas, operarán en todo caso, coma límite máximo de cantidade asumida por cada un dos conceptos, sen perxuizo da revisión de ditas porcentaxes, vistos os resultados do ano anterior, pola Comisión de Negociación, a Mesa Negociadora ou o órgano designado a tal efecto e no seu caso, pola Comisión Mixta.

No caso que se observe a existencia de remanentes por un determinado concepto poderá resolverse a modificación das condicións/requisitos para beneficiarse dese tipo de axudas en concreto ou ben, poderá resolverse o traspaso de dita dotación económica por outros conceptos contemplados no FONDO SOCIAL de maior demanda ou para os que o presuposto estipulado resultase insuficiente.

Bolsa de estudos
Art.6

Inclúense neste concepto os gastos orixinados como consecuencia dos estudos que realice o persoal ao servizo do Concello de Foz afectado polo ámbito de vixencia deste Convenio, e os fillos que teñan ao cargo do solicitante (idade por fillo ata os 26 anos). En caso de que os fillos traballarán noutra empresa, ou éstes estén ao cargo do cónxuxe, non poderán solicitar a axuda. As axudas corresponderán os seguintes niveis:

CONCEPTO CANTIDADE
A GARDERÍA INFANTIL 100€
B EDUC. PRIMARIA 50€
C EDUC. SECUNDARIA 50€
D CICLO GRAO MEDIO 200€
E CICLO GRAO SUPERIOR//BACHILLER/COU 200€
F ESTUDOS UNIVERSITARIOS NA PROVINCIA 400€
G ESTUDOS UNIVERSITARIOS FORA DA PROVINCIA 500€
H IDIOMAS, INFORMÁTICA, MÚSICA, ACADEMIAS 50€
I EDUCACIÓN ESPECIAL 600€
Art.7

Estas axudas percibiranse por curso escolar adiantado, previa acreditación do cumprimento das condicións seguintes; acredita-la matrícula nalgunha das situacións arriba descritas (Grupos A-I), e certificación académica do curso anterior no que se teña superado o 50% de aprobados.. Os ingresos da unidade familiar do solicitante estén comprendidos entre os que figuran na taboa de ingresos que para cada exercizo se configure, e que para o presente ano é o seguinte:

Renda percápita familiar Cuantía
Menor de 7.000 € Integra
7.000 – 9.000 € 80%
9.000 – 11.000 € 50%
Máis de 11.000 € 30%
Art.8

As solicitudes para optar a estas axudas presentaranse durante o mes de outubro/novembro, previa oportuna convocatoria que será remitida aos representantes sindicais do Concello de Foz e a todos os traballadores.

Art.9

As cantidades asignadas serán de carácter fixo según os niveis para os que se solicitan e de conformidade coa taboa descrita no Art. 7 do presente , podendo no suposto de non ser suficiente a cantidade presupostada, reducir as asignacións individuais empezando por eliminar as asignacións dos grupos de renda per cápita máis alta.

Art.10

Estas bases, así como calquera outra disposición referente ás mesmas, modificacións, etc., deberán ser aprobadas polo Cómite de Empresa ou órgano designado, precvio informe da Comisión Mixta, antes da súa tramitación administrativa para a súa aprobación pola Corporación.

Servizos sanitarios especiais: Oftalmoloxía e Odontoloxía
Art.11

Inclúense dentro do ámbito de aplicación deste concepto os gastos derivados de enfermidade e servizos sanitarios que non cubra a Seguridade Social, así como de odontoloxía e oftalmoloxía producidos nos empregados municipais activos e/ou seus beneficiarios.

Art.12

O reparto da cantidade asignada a estes fins por aplicación da porcentaxe prevista no artigo 4º, realizarase á vista das solicitudes presentadas unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes según se especifique na convocatoria a tal efecto realizada polo Concello de Foz.

Art.13

No suposto de ser agotada a cantidade asignada a esta prestación, as solicitudes presentadas poderán ser resoltas con cargo a posibles remanentes que poidera haber en calquera outro dos conceptos/tipos de axudas establecidos no Art. 4 do presente.

As solicitudes non cubertas no presente exercizo por falta de presuposto, pasarán ao exercizo seguinte.

Art.14

O Concello de Foz poderá concertar a prestación da asistencia sanitaria regulada neste apartado en aras do ben común e/ou de obter unhas mellores prestacións e prezos para beneficiarios, dando conta ó Cómite de Empresa ou órgano designado.

Art.15

As solicitudes presentaranse en tempo e forma debendo acompañar ás mesmas, xustificación do gasto realizado mediante factura detallada e, no seu caso, a prescripción médica correspondente. As solicitudes presentaranse no REXISTRO DO CONCELLO DE FOZ.

Art.16

Nos supostos excepcionais, valorados pola Comisión Mixta ou órgano designado, poderán adiantarse cantidades a conta do presuposto de gasto médico a realizar (situacións personais de emerxencia social que así o aconsellen).

Art.17

A axuda económica por estos conceptos establecerase anualmente en funcións das peticións e da cantidade que haxa a repartir, sendo a comisión formada para a realización do reparto a que fixe as cantidades. Para o ano 2007... , queda establecida da seguinte maneira :

  1. Odontoloxía: 400€
  2. Oftalmoloxía: 300€
  3. Outros: 40% na factura
    • Audífonos
    • Calzado ortopédico (nenos)
    • Calzado ortopédico (adultos)
    • Plantillas para pés planos/vagos (nenos)
    • Plantillas para pés planos/vagos (adultos)
    • Alerxias (funda almofada/funda colchón/outros)
    • Outros gastos médicos

As cantidades para estas prestacións son de carácter “tope máximo”, é dicir, serían cantidades máximas a conceder en función da situación económica da unidade familiar do solicitante segundo a taboa de ingresos que a continuación se detalla e previa presentación das facturas correspondientes e no seu caso, da prescripción facultativa.

Renda percápita familiar Cuantía
Menor de 7.000 € Integra
7.000 – 9.000 € 80%
9.000 – 11.000 € 50%
Máis de 11.000 € 30%
Art.18

Nos casos especiais e de extrema gravedade e en situacións de emerxencia social que estén acompañadas dunha situación de precariedade económica e previo informe do órgano designado a tal efecto, poderá concederse unha axuda por calquera dos conceptos sinalados que supere o tope máximo estipulado sempre e cando exista presuposto en dita partida.

Art.19

En todo caso se o importe de adquisición según factura fora inferior as cuantías establecidas como tope máximo segundo nivel de renda percápita, a axuda económica será igual á cantidade realmente abonada polo titular.

Adquisición de 1ª vivenda
Art.20

A compra ou adquisición de vivenda, primeira vivenda, que haberá de servir de residencia habitual ou permanente de calquera traballador municipal, será circunstancia suficiente para poder optar a esta axuda económica.

Art.21

Poderán solicitar esta axuda os traballadores municipais que compren vivenda no exercizo en curso ou aqueles que habéndoa comprado nos dous últimos anos non 5 terminarán de pagala ou ben, teñan concedido un préstamo por unha entidade financieira para pagar a vivenda comprada e non teñan liquidado o préstamo.

Art.22

Non poderán ser obxeto de concesión de axudas as vivenda compradas por outros familiares ou conviventes distintos do traballador municipal e aquelas vivendas que non señan residencia principal do mesmo.

Art.23

So se contempla a posibilidade de percibir unha axuda deste tipo por traballador municipal, aun no caso de unidades familiares nas que convivirán dous ou máis traballadores municipais, salvo que aqueles, se independizasen e adquirisen vivenda propia. Estas axudas serán de única entrega e por unha soa vez, de tal maneira que o traballador municipal que recibira nuha ocasión unha axuda deste tipo, no terá dereiro a percibir outra polo mesmo concepto en posteriores exercizos económicos aínda cando continuara tendo deudas por este motivo e/ou pagando préstamo a entidade financieira.

Art.24

O Concello convocará anualmente concurso para a concesión destas axudas, notificandoo aos representantes sindicais dos traballadores para que llo faigan saber. Así mesmo o Alcalde-Presidente comunicará por escrito a cada un dos traballadores o contido da presente convocatoria. A convocatoria realizarase con posterioridade á finalización do prazo de presentación de Declaracións da Renda e se terán en conta os ingresos do exercizo anterior á convocatoria, é dicir, o mesmo o que se refire a Declaración da Renda que se presente nese exercizo.

Art.25

A solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello ou en lugar e forma sinalados na oportuna convocatoria, na que se sinalará o prazo de presentación de solicitudes e os documentos necesarios.

Art.26

Salvo disposición contraria do órgano competente, a cantidade asignada a estas axudas será de 700 € por traballador . A cuantía máxima a subvencionar en función da renda percápita da unidade familiar do solicitante será a que se describe na taboa seguinte:

Renda percápita familiar Cuantía
Menor de 8.000 € Integra
8.000 – 11.000 € -20% (560€)
11.000 – 14.000 € -50% (560€)
Máis de 14.000 € -70% (560€)
Outras Axudas
Art.27

Neste apartado incluiránse todas aquelas outras cuestións de tipo social que non estando incluídas nos artigos anteriores, ben a proposta do Concello de Foz ou do Cómite de Empresa ou órgano designado, resolva a Comición Mixta. Axudas para situacións especiais de emerxencia: separacións, incendio de vivenda, accidente... e todas aquelas que estime oportuno valorados pola Comisión Mixta ou Órgano designado.

Art.28

No caso de resultar insuficiente o presuposto asignado a estos conceptos ou quedar remanente, obrarase en consecuencia tal e como se especifica no articulado da presente Memoria. En todo caso, obraráse segun o establecido nas outras axudas e á vista dos resultados das convocatorias, poderá resolverse polo órgano competente as modificacións oportunas que axusten os presupostos do Fondo aos conceptos máis demandados para exercizos posteriores.

Art.29

En todo caso e o obxeto de axustar o Fondo ás demandas dos traballadores e de non desperdiciar o presuposto do mesmo, poderán realizarse as modificacións necesarias nas porcentaxes do Fondo por conceptos ao obxeto de utilizar partidas que por ausencia ou escasez de demandas poden quedar como remanentes mentres outras podan resultar insuficientes, previa aprobación do órgano competente.

Art.30

Esta Memoria é un documento aberto e dinámico que poderá estar suxeito as modificacións que o órgano competente considere menester e necesarias para a súa máis equitativa e xusta distribución e que ten coma fin principal e último a satisfacción das necesidades do persoal ó servicio do Concello de Foz sen exclusión de ningún tipo e que se rexe pola máxima de “dar máis a quen menos ten”.

Ás 21:30h. na Casa da Cultura, teatro da man da compañía Teatro do Morcego que representará a obra Presidente

Sinopse: En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o PRESIDENTE do goberno e os seus asesores de...
Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]