Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Domingo, 28 de Maio de 2017
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

A vila >> Parroquias

Parroquias

Situado na coñecida comarca da “Mariña lucense”, o Concello de Foz ten unha extensión de 100,6 Km2 repartidos nas nove parroquias que o compoñen: Cangas, Cordido, Fazouro, Foz, Nois, San Acisclo, Santa Cecilia, San Martiño e Vilaronte; nas cales, segundo os datos proporcionados polo Padrón Municipal de dito concello, habitan 10023 persoas.

Limita este concello con Burela, Ferreira, Alfoz, Mondoñedo e Barreiros, mentres que a parte norte está bañada polo Mar Cantábrico.

En Foz combínase terra e mar, xa que temos parroquias costeiras e outras de interior, dando lugar a unha rica e variada paisaxe.

A economía baséase na pesca, agricultura e gandería (sectores minoritarios), pero sen dúbida a actividade principal é o sector servizos, en concreto a hostalería e o turismo. Deste último non se nos pode esquecer mencionar un emerxente turismo rural cada vez máis en alza.

Cangas

Parroquia costeira de 858 habitantes que limita co concello de Burela e cuxa beleza reside sobre todo nas súas praias: A Areoura e Os Xuncos. Mencionaremos tamén, nas marxes do río Moucide, a enorme beleza paisaxística do Val do Batán. Conta cunha extensión de 9’4km2.

Os barrios que compoñen Cangas son os seguintes:

  • Granda de Canel
  • Vilasindre
  • Vilachá
  • Alemparte
  • Vilamor
  • Lagas
  • Ribela
  • Gralleira
Cordido

Cordido é unha parroquia de 202 habitantes situada no Concello de Foz, entre as parroquias de Cangas, Nois e Moucide. Conta cunha superficie de 16’2km2.

Trátase dun pobo rodeado de natureza por todo o seu contorno.

Ten unha antiga igrexa parroquial que alberga no seu interior un retablo maior de tipo barroco en tonalidades escuras e vermellas. No seu interior podemos contemplar a imaxe da Virxe Peregrina do século XVI.

O río que pasa por Cordido discorre entre varios dos seus muíños.

Podemos ver en algunhas das casas máis antigas da parroquia escudos que, segundo contan as persoas máis vellas do lugar, pertencían ao castelo do Conde Cano.

O día 7 de Xaneiro celébrase a festa do patrón de Cordido, San Xulián.

O primeiro fin de semana de Setembro celébrase a festa da Virxe Peregrina.

Cordido pódese definir para o/a visitante con dúas palabras: harmonía e natureza.

Esta parroquia presenta os seguintes barrios e lugares:

  • Ferradás
  • Eixo
  • Cordido
  • O Calvario
  • O Sisto
  • Moas
  • Castro
  • Outeiro
  • O Barral
  • A Fabega
Fazouro

Parroquia costeira de 637 habitantes que limita coas parroquias de S. Martiño, Santa Cecilia e Nois e que conta cunha extensión de 8’1km2.

Na praia da Pampillosa desemboca o río Ouro, que segundo conta a lenda, debe o seu nome a que en tempos pasados arrastraba pebidas deste metal precioso. Se continuamos río arriba, podemos atopar unha paisaxe de exquisita beleza.

Na parroquia de Fazouro podemos atopar diferentes lugares de imprescindible visita, como son:

O Castro Celta, sito sobre un acantilado, na punta da praia de Arealonga.

A igrexa parroquial de Santiago, de 1750, edificada sobre outra anterior da que só se conserva a porta principal.

A capela de San Campio, que conta co maior retablo rococó da segunda metade do século XVIII e que contén imaxes do século XVI e XVII.

A capela de San Salvador e capela da Concepción.

Temos que mencionar aquí os seguintes barrios:

  • O Caldouceiro
  • A Pontevella
  • Bargado
  • As Chaves
  • Casanova
  • O Porto
  • A Granda
  • O Muíño
  • O Redondal
  • O Souto
  • San Andrés
  • Morgallón
  • Vilarmea
  • Regueira
  • O Raxal
  • A Rúa
  • Cachón
  • Lousada
  • A Cancela
  • Alto da Granda
  • Reis
  • Fonte da Aldea
  • A Ponte
  • Perillón
Foz

Limita coas parroquias de San Martiño, Vilaronte e polo Leste toca na ría, que nos separa do concello de Barreiros. Praia e sol son as características principais de Foz no verán, ademais da ampla gama de restaurantes nos que podemos deleitar o noso padal. Como xa comentamos na introdución, na que falabamos da vinculación da xente de Foz ao mar, temos unha proba deste feito no porto e no estaleiro, que noutra época tivo unha intensa actividade.

Conforma o núcleo urbano e ostenta a capitalidade do Concello, sendo a menor en extensión, posto que consta de 3’7 km2, ainda que é a máis poboada con 5839 habitantes.

Mencionaremos aquí os seguintes barrios:

  • Porto
  • O Calvario
  • Burgo
  • San Blas
  • Foz
  • Sieiro
  • Cainzal
  • Campo da Cabana
  • Tilleira
  • Vilaxoane
  • O Arnado
  • Pena Parda
  • A Corredoira
  • As Torres
  • Pradovello
  • A Pena
  • Marzán
  • Castro
  • Chiclana
  • Fonte de Marzán
  • O Pereiro
  • Fondós
  • A Vallarosa
  • Mansín
  • Catro Calles
Nois

Pequena parroquia costeira de 549 habitantes que conta cunha extensión de 5,6 Km2. Limita coas parroquias de Cangas, Cordido e Fazouro. Cunha forte tradición mariñeira, podemos atopar nela un pequeno e pintoresco porto, fundado a comezos do século XVII para a pesca da balea.

A igrexa parroquial de San Xulián de Nois é de visita obrigada, posto que se afirma que foi levantada sobre os restos dunha factoría fenicia e reconstruída con posterioridade no século XVII. Conta cun reloxo de sol.

Nois consta dos seguintes barrios:

  • A Ferradura
  • Os Foros
  • O Salgueiral
  • Trasmonte
  • Pumariño
  • Chelas
  • A Barrosa
  • O Fiscal
  • Canoín
  • Carpacide
  • O Estanque
  • Fondo Nois
  • Demoroi
  • Cabanas
  • Amido
  • A Rebolada
  • Follal
  • A Saira
  • Ventoeiro
  • Lamallada
  • Covas
  • Cabeceira da Veiga
San Acisclo

Esta parroquia interior limita coas parroquias de Santa Cecilia, Fazouro, Cordido e cos concellos de Alfoz e O Valadouro. Cunha extensión de 11,9 Km2, é a menos poboada das nosas parroquias, con 142 habitantes. Por ela atravesa o río Ouro, cunha paisaxe de grande beleza.

Dise que o Valadouro, comarca natural onde se atopa esta parroquia, foi fai moito tempo un grande lago, que buscou a saída ao mar a través de San Acisclo.

Deste intento de saída lle ven o nome ao lugar denominado A Rabia, onde se atopa a Pena da Ruxida, unha fermosa cascada recomendable de visitar a todas as persoas que visitan Foz. Esta denominación fai referencia ao ruído que provocaba a auga na súa búsqueda por saír ao mar.

Os barrios que conforman esta parroquia son:

  • Valmaior
  • Os Casás
  • Sobrado
  • Os Pinos
  • Pousada
  • O Lagar
  • O Combarro
  • O Outeiro
  • Abidueiras
  • A Almuíña
  • A Senra
  • A Liñeira
  • Raúlfe
  • A Ponte
  • Martín
  • O Piñeiro
  • O Campo
  • Súasbarras
  • O Redondo
  • O Alto
  • As Cabreiras
  • A Barcia
  • Barracide
  • O Raxal
  • Carballo
Santa Cecilia

Parroquia interior que limita coas parroquias de San Acisclo, Fazouro, San Martiño, e co concello de Alfoz. Actualmente poboada por 333 habitantes, presenta unha extensión de 9,4 Km2. Por ela discorre un tramo do río Ouro.

Desta parroquia podemos dicir que nela, en concreto no pico da Frouxeira, atópanse os restos da fortaleza do mariscal Pardo de Cela.

Os barrios que conforman esta parroquia son os seguintes:

  • Fontao
  • Carín
  • Teixeira
  • Villacizal
  • Trasmonte
  • Soutonovo
  • Folgosa
  • Vilatuixe
  • O Chao
  • Viñas
  • Madroi
  • O Machuco
  • A Rega
  • Cardoxe
  • As Seixas
  • Cambela
San Martiño

No que á extensión se refire, esta é a parroquia máis grande do concello, con 24,4 Km2. Con respecto á poboación, presenta unha cifra de 674 habitantes. Debido á súa extensión, limita coas parroquias de Santa Cecilia, Fazouro, Foz, Vilaronte, cos concellos de Alfoz e Mondoñedo, ademais de desembocar no mar polo norte, en concreto por Forxán.

O elemento máis destacado e que lle confire a importancia á parroquia é a basílica, noutro tempo tamén mosteiro, obra de arte prerrománico do século IX-XII, cuxa beleza e porte salta á vista dende calquera ángulo que se observe. Desde Vilela contémplase a ría de Foz, o golfo do Masma e pobos de Asturias.

Os barrios que atopamos nesta parroquia son:

  • Forxán
  • Xinzo
  • Palmiz
  • O Carmen
  • Mourente
  • Reiriz
  • Río
  • Ferreira A Vella
  • Vilacendoi
  • Ver
  • O Caritel
  • Carrís
  • Bao
  • A Ermida
Vilaronte

Esta parroquia limita coa de Foz , S. Martiño, toca no mar por Mañente, ademais de limitar co concello de Barreiros. Presenta unha extensión de 11,9 km2 e actualmente conta con 789 habitantes, sendo así unha das máis poboadas. Noutra época houbo en Vilaronte unha actividade industrial considerable, sendo a etapa máis próspera a dos anos 50 ós 60, grazas a industrias como “Dalo”, que alí tiñan a súa sé central. A decadencia e posterior desaparición destas empresas causou unha importante recesión laboral, o que provocou un considerable éxodo cara a emigración. Símbolo da lembranza a estas persoas emigradas elaborouse un monumento ao carón da igrexa parroquial.

Os barrios que atopamos nesta parroquia son:

  • Mañente
  • A Rúa
  • Seoane
  • Vigo
  • A Cernada
  • Corredoira
  • Espiñeira
  • Xinzo
  • Vilaronte

Nestes intres non dispoñemos de nada recente.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]