Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Sábado, 7 de Decembro de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Educación >> Oferta Educativa

Oferta Educativa

Escola Infantil Nosa Sra. da Purificación

Enderezo: R/ Concepción Arenal, s/n – 27780 Foz

E-mail: teresa.villares.castro@xunta.es

Web: http://www.galescolas.net

Teléfono/Fax: 982140184

Titularidade: Pública

Oferta educativa:

- Educación infantil

Instalacións

Esta escola infantil conta con espazos interiores nos que cada grupo de idade ten un espazo propio e cos seguintes espazos exteriores: zona de xogos protexida, zona de xogos en céspede, zona de sombra e soportal cuberto.

Servizos

Entre os servizos que oferta esta escola infantil de 0 a 3 anos están o de almorzo, xantar e merenda.
Entre as actividades que organiza esta escola están a celebración de Nadal, Entroido, Día Universal da Infancia, Magosto,… Tamén organizan diferente excursións.

Escola Unitaria de Vilaronte

Enderezo: 27788 Vilaronte

E-mail: eei.vilaronte@edu.xunta.es

Teléfono: 618708856

Titularidade: Pública

Oferta educativa:

- Educación infantil

C.E.I.P. Número 1 de Foz

Enderezo: R/ Salvador de Madariaga s/n - 27780 Foz

E-mail: ceip.numero1.foz@edu.xunta.es

Teléfono/Fax: 982140205

Titularidade: Pública

Oferta educativa:

- Educación especial

- Educación infantil

- Educación primaria

Instalacións:

O Centro educativo CEIP Nº1 conta para o alumnado máis pequerrecho con 3 aulas de infantil, con espazo de xogos e programas de TIC's (con ordenadores, televisor,...). Así tamén conta cunha zona de recreo de area de xogos e un pequeno xardín.

Para o alumnado de Primaria conta con varias aulas específicas, con Rincón do Bo Lector e Biblioteca de Aula. Para o recreo conta cun espazo para eles/as.

O alumnado que teña dificultades no estudo ten á súa disposición unha Aula de Pedagoxía Terapéutica (PT) e unha Aula de Audición e Linguaxa (AL).

Outros espazos específicos son: Aula de Ingés, Aula de Música, Aula de Informática, Biblioteca (con zonas diferenciadas para infantil e adultos) e Salón de Actos. Así como ximnasio, pista deportiva cuberta e comedor.

Servizos:

Este centro conta con servizo de comedor xestionado e vixiado pola ANPA e supervisado polo Consello Escolar.

Conta tamén con diferentes actividades extraescolares, así como actuacións na Semana do Teatro, nas Letras Galegas e no Nadal.

C.E.I.P. O Cantel

Enderezo: R/ Pintor Laxeiro s/n – 27780 Foz

E-mail: ceip.ocantel@edu.xunta.es

Web: http://centros.edu.xunta.es/ceipocantel

Teléfono: 982132261

Fax: 982133000

Titularidade: Pública

Oferta educativa:

- Educación infantil

- Educación primaria

Instalacións:

O CEIP O Cantel conta con diferentes aulas específicas para o alumnado de Infantil e Primaria, así como outras dedicadas á informática, música, ...

Conta cun pavillón polideportivo cuberto e un campo de fútbol, así como parque, zonas axardinadas, pista deportiva descuberta e biblioteca.

Servizos:

Entre os servizos que oferta este centro podemos reflectir o servizo de comedor gratuíto, así como o transporte escolar na zona de influenza do centro.

As actividades extraescolares son numerosas e celébranse tamén diferentes festividades como Nadal, Entroido, ... Entre as actividades que se organizan neste centro podemos destacar: participación no “Proxecto Voz Natura”, excursións, participación na campaña “Deporte e Educación”, exposicións, talleres (cestería, tear, fabricación de papel, instrumentos musicais...), animación á lectura ou actividades de seguridade vial.

C.E.I.P. Fondo Nois

Enderezo: R/ Nois, 2 - Fondo de Nois – 27893 Nois

E-mail: ceip.fondo.nois@edu.xunta.es

Teléfono/Fax: 982136000

Titularidade: Pública

Oferta educativa:

- Educación infantil

- Educación primaria

Instalacións:

O CEIP Fondo-Nois conta con 2 aulas de Infantil e 6 aulas de Primaria. Así tamén conta con outras aulas específicas: Aula de Informática, Aula de Educación Especial, Aula de Audiovisuais, Aula de Idiomas e Biblioteca Escolar.

Entre as instalacións que este centro pon a disposición do alumnado atópanse tamén: ximnasio, pavillón polideportivo, parque infantil, patio de recreo, zonas axardinadas e comedor con cociña.

Servizos:

Os servizos que destaca o CEIP Fondo-Nois son: clases de inglés desde os 3 anos, comedor escolar gratuíto desde os 3 anos, así como transporte escolar gratuíto da zona de influenza do centro. Tamén dispón de transporte desde o concello de Burela.

Oferta ademais este centro actividades extraescolares como: actividades deportivas, obradoiros de artesanía e viaxes culturais ao longo do curso. Dentro das actividades ofertadas tamén atopamos actividades culturais organizadas por diversos colectivos, así como celebracións e conmemoracións como Magosto, Nadal, Paz, Entroido, Letras Galegas,…

C.P.R Martínez Otero

Enderezo: R/ Paco Maañón, nº 12 - 27780 Foz

E-mail: cpr.martinez.otero@edu.xunta.es

Web: http://www.foz.salesianos.es

Teléfono: 982140028

Fax: 982140426

Titularidade: Privada

Oferta educativa:

- Educación infantil

- Educación primaria

- Educación secundaria obrigatoria

Instalacións:

O centro educativo CPR Martínez Otero conta con diferentes aulas, laboratorio, salón de actos, sala de música, biblioteca, taller de tecnoloxía, aula de informática, sala de xogos, sala de xadrez, gabinete de recoñecemento médico, 2 ximnasios, parque infantil, ... ademais conta con comedor, pavillón polideportivo e campo de fútbol.

Servizos:

Entre as actividades extraescolares que o alumnado pode realizar están: baloncesto, campo a través, atletismo, xadrez, teatro, manualidades, psicomotricidade e predeporte, tenis de mesa,...

Neste centro o alumnado pode tamén realizar diferentes actividades complementarias como: saídas culturais, charlas, veladas, campañas solidarias orientación escolar, escola de pais, ... Así tamén se edita unha revista denominada "Vieiro".

C.P.R Nosa Sra. do Pilar

Enderezo: R/ Virxe do Pilar, 27 – 27780 Foz

E-mail: cpr.senora.delpilar@edu.xunta.es

Teléfono: 982140196

Fax: 982140351

Titularidade: Privada

Oferta educativa:

- Educación infantil

- Educación primaria

- Educación secundaria obrigatoria

Instalacións:

O CPR Nosa Señora do Pilar conta con diferentes aulas para Infantil, Primaria e Secundaria. Así tamén conta con aulas específicas para diferentes materias.

Ofrece ao seu alumnado zonas de recreo, pavillón polideportivo cuberto, así como comedor e transporte escolar.

Servizos:

Este centro leva a cabo numerosas actividades extraescolares, tanto culturais como deportivas. O alumnado deste centro realiza tamén diversas excursións, competicións deportivas, así como conmemoracións.

I.E.S. de Foz

Enderezo: R/ Castelao s/n – 27780 Foz

E-mail: ies.foz@edu.xunta.es

Web: http://www.iesfoz.org

Teléfonos:

  • 982141544
  • 982140460
  • 982132413
  • 982132413
  • 669786746

Fax: 982132839

Titularidade: Pública

Oferta educativa:

  • Educación Secundaria Obrigatoria (ESO):
    • Itinerario A, enfocado ao Bacharelato de Ciencias da Natureza e da Saúde
    • Itinerario B, enfocado ao Bacharelato de Ciencias da Natureza e da Saúde e aos Ciclos Formativos de Formación Profesional
    • Itinerario C, enfocado ao Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais
  • Educación Secundaria Postobrigatoria (ESPO):
    • Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, en quenda diúrna e de adultos.
    • Bacharelato de Ciencias da Natureza e da Saúde, ofertando a materia de Tecnoloxía Industrial como optativa.
  • Ciclos Formativos:
  • Programas de Garantía Social (PGS):
    • Programa de Garantía Social de Servizos Auxiliares de Oficina, que dá acceso, mediante proba, aos ciclos medios.
    • Programa de Garantía Social de Axudante de Servizos de Restaurante e Bar, que dá acceso, mediante proba, aos ciclos medios.
  • Estudos para persoas adultas:
    • Educación Básica Permanente de Adultos (EBPA), con tres niveis:
      • Nivel I, ou de alfabetización.
      • Nivel II, ou de consolidación de coñecementos e técnicas instrumentais.
      • Nivel III, ou de educación secundaria para persoas adultas.
    • Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais para Adultos.
    • Ciclo Medio de Cociña, en oferta modular, con duración de tres anos e medio.
    • Plan de potenciación dos idiomas Francés e Inglés para obter o Certificado do Ciclo Elemental das Escolas Oficiais de Idiomas (equivalente aos tres primeiros cursos).

Instalacións:

O IES de Foz dispón dunhas grandes instalacións que dan cabida a grande cantidade de alumnado cada curso escolar. Dispón de numerosas Aulas adaptadas ás titulacións que se imparten no centro. Estas Aulas van dende Aulas de Informática, Aulas de Idiomas, Talleres, ata cociñas e comedores.

Conta tamén cunha gran biblioteca en colaboración coa UNED, así como con ximnasio, pista polideportiva descuberta e pavillón polideportivo cuberto.

Servizos:

Este centro dispón de transporte escolar e comedor. As actividades que realiza son numerosas: participa en Comenius, ten un coro, concursos, teatro, excursións, intercambios culturais, charlas,… Asín tamén o alumnado, xunto co profesorado edita unha revista denominada "O Focego".

U.N.E.D.

Dirección: C/ Castelao, s/n (I.E.S de Foz)

E-mail Secretaría: foz@lugo.uned.es

E-mail Biblioteca: biblioteca.uned@concellodefoz.es

Teléfono: 982133699

Horario secretaría:

  • de 10h. a 12h. e de 16h. a 21h.(horario lectivo)
  • de 9h. a 14h. (horario non lectivo)

Horario biblioteca:

  • de 16’30h. a 20’30h.(Horario lectivo)
  • de 10h. a 14h. (Horario non lectivo)

Introdución:

A creación da Aula Universitaria de Foz ten como obxecto a aplicación das novas tecnoloxías a ensinanza a distancia para que se poida realizar de xeito máis amplio e eficaz.

Esta Aula Universitaria de Foz pretende:

  • o fortalecemento da tutorización a distancia para as carreiras que se imparte en dita aula.
  • a enorme potenciación de todalas actividades de ensinanzas non regulamentadas, as cales se están desenvolvendo cun gran éxito e que se programan anualmente potenciando as novas tecnoloxías, os idiomas… etc. Fomentando así a dinamización cultural.

A Aula Universitaria de Foz conta co Curso de Acceso para maiores de 25 anos, o primeiro curso da Diplomatura de Turismo e con todolos servizos administrativos para a matriculación en todalas titulacións que ofrece a UNED.

A Aula Universitaria de Foz conta cunha coordinadora, unha administrativa, un bibliotecario, un despacho de coordinación, unha aula de informática, unha aula de videoconferencia, unha aula de profesores/as e diferentes aulas de formación.

Pulsa aquí para máis información sobre: Secretaría, Servizos, Información académica, Actividades, Biblioteca...

E.S.M.U Municipal de Foz

Enderezo: R/ Alfonso X O Sabio s/n – 27780 Foz

E-mail: esmu.municipal.foz@edu.xunta.es

Teléfono: 982132689

Titularidade: Pública

Oferta educativa:

- Linguaxe musical

- Audición

- Coro

Instrumentos musicais:

  • Vento metal
  • Vento madeira
  • Piano
  • Guitarra
  • Percusión
  • Corda
  • Clarinete
  • Frauta
  • Oboe
  • Fagot
  • Gaita (novidade curso 2008-2009)

Nestes intres non dispoñemos de nada recente.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]