VIDRO: iglú verde. Nos colectores verdes podes depositar calquera tipo de vidro: botellas, tarros,… Na planta de tratamento se lle retiran os restos de corcho, papel ou metais para proceder á súa reciclaxe. Tira o vidro directamente ao iglú, sen bolsa. | |
PAPEL: iglú azul. O papel e o cartón van ao colector azul, directamente ou nunha bolsa de papel. As caixas de cartón deberás abrilas e comprimilas para reducir o volume dos residuos. | |
ENVASES LIXEIROS: colector amarelo. Debes tirar os bricks no colector amarelo, xunto cos plásticos e as latas. Deposítaos nunha bolsa plástica pechada para que non se verta o seu contido. | |
FRACCIÓN ORGÁNICA: cubos negros (casco urbano) ou colector verde. Debes depositar os restos de comida, cueiros, lámpadas, xoguetes rotos, cintas de vídeo, … |
Colocación de colectores: a partir das 20h. |
Recollida: de 22h. a 00h. diariamente |
Fóra destes horarios usaranse os colectores de lixo orgánico sitos no Paseo Marítimo A Rapadoira-Llas.
Os contenedores de lixo orgánico sitos no casco urbano son de uso exclusivo para os locais de hostalería.
Luns e venres: Cordido, Cangas, Nois e Fazouro. |
Martes e sábado: San Acisclo, Santa Cecilia, San Martiño, e Vilaronte. |
Ademais existen outros servizos de recollida de residuos para a cidadanía (punto limpo, punto limpo móbil,…), así como para os locais comerciais (ecocomercio,…). Se desexa consultar estes servizos Ir a Medio Ambiente.