O Concello de Foz está situado no norte da provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia,
no centro da comarca de A Mariña Central, a 94 Km da cidade de Lugo.
Foz está a beira do mar Cantábrico, entre os concellos costeiros de Burela e Barreiros,
limitando no interior cos concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Valadouro, Alfoz e Cervo.
Acceso
Por carretera
O principal vial de acceso a Foz é a N-642 que cruza o término municipal. Por esta carretera chégase directamente dende Asturias.
Dende Lugo, a través da N-643 que enlaza coa anterior en A Espiñeira (Foz).
Dende Ferrol pola CC-642 que se una á N-642 en San Cibrao (Cervo).
Por tren
En tren pódese acceder a Foz por medio do ferrocarril de vía estreita (FEVE), liña Xixón - Ferrol.
Por avión
Os aeroportos máis próximos a Foz son:
Lavacolla: en Santiago de Compostela a 150 km
Alvedro: en A Coruña a 135 km
Ranón: en Asturias a 120 km
Horarios Transportes Públicos
Ofrecémoslles información para viaxar a Foz, tanto en autobús coma a través de tren. Poden ver os horarios pinchando nos seguintes enlaces. Recorden que estes son aproximados.
Orixes/Destinos e horarios de autobús
( Ver aquí )