Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Sábado, 7 de Decembro de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Emprego

Emprego

ADL
Avd. Álvaro Cunqueiro, 24
27780 Foz (Lugo)
Tlf: 982. 14 00 27
e mail: adl@concellodefoz.es
Horario: de 9h. a 14h.
Bolsa de Emprego
Avd. da Ribeira, s/n – 2º andar
27780 Foz (Lugo)
Tlf: 982. 13 35 66
e mail: bolsaemprego@concellodefoz.es

Tamén se pode solicitar información de asesoramento a través de internet. Enlace ó formulario
 
Axencia de Desenvolvemento Local (ADL)

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Foz, configurouse dende o ano 2004 como un servizo de promoción do desenvolvemento local e social a nivel municipal e ten como obxectivos fundamentais a creación de emprego, o aumento de tecido empresarial e o desenvolvemento local.

A promoción económica neste Concello supón sen dúbida o aspecto clave para combatir o paro, xa que sin empresas non hai emprego, por iso as actuación levadas a cabo nesta Axencia están dirixidas a poñer tódolos medios ó noso alcance para favorecer a instalación de empresas no noso municipio e áreas máis próximas de influencia, consolidando o crecemento das xa existentes e fomentando a creación de novas iniciativas empresariais.

Os programas que configuran a área de emprego deste Concello, teñen como denominador común a pretensión de dar oportunidade ós desempregados e desempregadas, de mellorala súa formación e habilidades para que sexan máis competentes e teñan maiores posibilidades de atopar un traballo, é dicir mellorala empregabilidade, que na Axencia de Desenvolvemento Local realizanse a través de dúas liñas básicas de acción: Programas de Emprego e Formación e Servizo de Información e Orientación Laboral.

Os programas de emprego e formación, proporcionan formación ocupacional, có obxectivo de que os seus participantes obteñan unha cualificación naqueles perfís profesionais máis demandados polo mercado de traballo local.

O Servizo de Información e Orientación laboral, permite incrementar os recursos, capacidades e competencias persoais das persoas que buscan traballo, así como incrementala súa motivación para que se desenvolvan mellor na búsqueda de emprego.

Estos programas están dirixidos a tódalas persoas desempregadas do noso Concello, pero con unha atención preferente por aqueles colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, debido á súa situación persoal e sociofamiliar.

Obxectivos
  • Fomento da creación de novas empresas.
  • Asesoramento, orientación e información a desempregados, emprendedores, empresarios, traballadores, emigrantes retornados, inmigrantes que se acheguen á Axencia de Desenvolvemento Local para demandar servicios públicos gratuitos de apoio e acompañamiento posterior de iniciativa e elección de forma xurídica, tramitación de axudas, réxime seguridade social e financiación.
  • Elaboración do Plan de Emprego Municipal.
  • Apoio a iniciativas locais de emprego.
  • Información sobre os trámites necesarios para a creación de empresas.
  • Promoción do Emprego autónomo, Cooperativas.
  • Promoción do Emprego autónomo para discapacitados.
  • Autoemprego e Economía Social.
  • Información sobre accións formativas.
  • Obradoiros de Emprego e Escolas Taller.
  • Orientación e Inserción laboral (ferramentas para búsqueda de emprego, curriculum vitae, cartas de presentación ...)
  • Información e intermediación laboral con empresas da zona que demanden traballadores.
Funcións
  • Realización de todas aquelas actividades que vaian encamiñadas a favorecer o desenvolvemento socioeconómico e a creación de emprego no Concello de Foz, podendo colaborar con outros Concellos e Administracións Públicas có fin de acadar estos obxectivos.
Bolsa de emprego

É unha ferramenta de traballo que permite poñer en contacto as empresas que ofertan postos de traballo e a persoas desempregadas que os demandan.

A Bolsa de Emprego conta cunha base de datos na que se rexistran os currículos dos interesados. Dende ese momento informaselles das ofertas de traballo que se adecúen ó seu perfil. Para iso cada día rexistranse as ofertas de traballo que saen na prensa , ó que hai que engadir as chegadas dende as empresas locais, tendo con algunhas convenios en prácticas, así como outras empresas que ofertan empregos de fora do Concello.

Para inscribirse na Bolsa de Emprego Municipal, necesitas acudir ao Centro Social, sito na Avd. da Ribeira, s/n, 2º andar. Deberás levar:

  • Tarxeta INEM actualizada
  • Certificado de empadroamento
  • DNI
Punto de Información do Servizo Galego de Colocación

A Consellería de Traballo, a través do Servizo Galego de Colocación, pon a disposición dos usuarios un Punto de Información no Concello de Foz para facilitala súa comunicación e xestións có Servizo Público de Emprego.

O Punto de Información permite a renovación da demanda de emprego mediante a impresión dixital e o acceso ás ofertas de emprego en difusión e acceso ás páxinas web dos diferentes Servizos Públicos de Emprego Nacionais e Autonómicos.

O primeiro paso para renovar a súa demanda no Punto de Información do noso Concello, é acudir á súa Oficina de Emprego para rexistrar a súa impresión dixital. Unha vez feito o rexistro, pode utilizalo PI para a súa renovación.

Máis información sobre o P.I. AQUÍ

Nestes intres non dispoñemos de nada recente.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]