Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Sábado, 7 de Decembro de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Servizos >> Xuventude

Xuventude

A Delegación de Xuventude está situada na Casa da Xuventude, aberta desde xuño de 2007. As súas instalacións compóñense de:

  • Aula de lectura: con libros para consulta e prensa diaria. 
  • Zona de ocio: con ordenadores con conexión a internet, billar, ping pong e futbolín 
  • Aula de formación: na que se realizan cursos 
  • Telecentro: onde se realizan cursos de informática,…  
  • Oficina de Información Xuvenil: na que te asesorarán sobre calquera tema de interese  para a mocidade (axudas, cursos, vivenda, ensino, asociacionismo, saúde,…) 

Se tes entre 12 e 35 anos tan só tes que facerte socio/a para facer uso das instalacións da Casa da Xuventude. Leva unha foto tamaño carné e o teu DNI e desde o momento da expedición do teu carné de socia/o poderás gozar de todas as oportunidades que che dá a Casa da Xuventude. 

Consulta o Réxime Interno da Casa da Xuventude

Casa da Xuventude
R/ Julia Minguillón, 7 - Bajo 
27780 Foz (Lugo)
Tlf: 982. 13 30 37 
Fax: 982. 13 30 40 
e mail: xuventude@concellodefoz.es
Horario:
De luns a venresde 10h a 13h de 17h a 20h
Sábados de 17h a 20h
*Pincha aquí para mostrala sua posición na sección 'Rueiro'.
Actividades

Aquí  atoparás  as  diferentes  actividades  que  a  Delegación  de  Xuventude  ofrece  á mocidade: cursos, xornadas, concursos, torneos, ...

¿Tes algunha suxestión?
¿Queres que organicemos algunha actividade en particular?

Envíanos un correo electrónico a xuventude@concellodefoz.es

Nos vindeiros meses terás a oportunidade de participar en actividades como: Torneo de billar, excursións, torneo de ping pong, ...

Se queres opinar ou propoñer, non deixes de visitar o foro, tamén.

Información de interese

Neste apartado atoparás información de temas de interese para a mocidade.

Renda Básica de Emancipación

¿En qué consiste?

Se tes entre 22 e 30 anos poderás recibir 210 euros mensuais para o pagamento do aluguer da túa vivenda habitual durante un máximo de catro anos e 600 euros de préstamo que se poden utilizar para a fianza. Ao finalizar o contrato de aluguer ou cando deixes de recibir a renda de emancipación, deberás devolver esta cantidade. Se precisas aval, 120 euros para os gastos da súa tramitación.

Subvención para a xente moza acollida ao plan 2002-2005 para gastos de entrada

Descrición

Se tes menos de 35 anos, e es adquirente ou promotor/a para uso propio de vivendas, podes acollerte a esta axuda para gastos de subrogación ou de consitución de hipoteca e outros gastos de entrada previstos no Decreto 18/2006.

Vivenda de Promoción Pública (VPP)

¿Qué son?

Son as vivendas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ao abeiro do establecido no Decreto 98/1992 que regula o seu financiamento e adxudicación. Esta norma foi modificada parcialmente polo Decreto 67/1994 no referente á composición das Comisións Provinciais de Vivenda.

Para obter máis información visita a web da Consellería de Vivenda e Solo: http://igvs.xunta.es/

Programa "Jóvenes en Red"

É unha iniciativa do Goberno estatal para fomentar que os mozos e mozas internautas establezan e desenvolvan a súa presenza persoal e social en Internet.

Ofrece a todas as persoas mozas (ata 30 anos) o rexistro gratuíto do seu propio dominio .es, sen custos durante o primeiro ano.

Tes máis información en: http://www.jovenesenred.es

Préstamo para a compra de equipos informáticos

O Instituto de Crédito Oficial (ICO), convoca Investimentos Financiables para o chamado "Préstamo TIC" para a adquisición de equipamentos informáticos (hardware e soporte lóxico), así como aplicacións e servizos para o acceso a Internet en banda ampla. Tamén convoca o "Préstamo Mozos e Universitarios" e "Préstamo Cidadanía dixital": Adquisición ordenador con capacidade de conexión a Internet.

Prazo: Ata o 31 de decembro de 2010 ou ata o esgotamento dos fondos se é o caso.

Para máis información: visita a web do Instituto de Crédito Oficial (ICO), http://www.ico.es

XUVENTUDEGALIZA.NET

O evento informático máis importante de Galicia celebrará este ano 2009 a súa décima edición. Será no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, os días 3, 4 e 5 de abril. Ademais, por primeira vez terá lugar un concurso internacional de Robótica, en colaboración coa organización IEEE, e estará o embaixador de Lego, que amosará unha morea de construcións feitas co deseñador dixital de Lego. O software libre estará presente en actividades, obradoiros e relatorios.

Se buscas traballo, este é un bo lugar para atopalo, posto que varios representantes das principais empresas estarán dispostos a recoller o teu currículo durante este evento.

Se queres inscribirte e estar ao tanto das últimas novas sobre este evento, visita a web: www.xuventudegaliza.net

GALITE

En Foz temos unha Asociación Xuvenil que segundo as súas palabras intentan dar a coñecer as posibilidades da tecnoloxía.

Esta asociación é quen organiza a PARTYFOZ, da que xa se realizou a súa cuarta edición.
Visita a súa web en http://www.galite.org
Escríbelles a: galite@gmail.com

Primavera Activa

Primavera Activa é un programa con actividades de lecer e tempo libre, a levar a cabo en diferentes casas rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e pola Dirección Xeral de Turismo - Turgalicia.

Poderán participar no programa aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da súa participación. O programa desenvolverase durante as fins de semana dos meses de marzo abril e maio.

O programa inclúe os seguintes servizos: aloxamento en casas de turismo rural, manutención completa (venres: cea, sábado: almorzo, xantar e cea, domingo: almorzo), transporte dos participantes desde a casa rural ata o lugar onde se realizarán as actividades durante a xornada do sábado e un programa de actividades, equipo de monitores e material para o seu desenvolvemento.

Algunhas das actividades que poderás levar a cabo son:

  • Rutas en Kaiak e canoa
  • Mergullo
  • Voo en ultralixeiro
  • Hidrospeed
  • Ruta paisaxística en ATV e todo terreos
  • Espeleoloxía
  • Escalada en rocódromo
  • Roteiros literarios e dramatizados
  • Actividades e visitas culturais

Folleto explicativo.Para máis información accede a: http://www.primaveractiva.info

Auga + Mar

Auga + Mar é un programa de educación e promoción do voluntariado ambiental sobre o litoral e o medio mariño. Baixo este título propóñense unha serie de actividades que acheguen aos mozos e mozas á práctica dos coñecementos adquiridos, no ámbito do ensino ou do coñecemento xeral, relativos ao mundo mariño, tanto na súa vertente ecolóxica como na etnográfica, mostrando as embarcacións antigas e tradicionais, as actividades extractivas no mar, a complexidade do ecosistema acuático e a biodiversidade mariña. Os destinatarios son rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato.

Actividades:

  • Recoñecer o intermareal, Ría de Arousa ou Golfo Artabro.
  • Visitar a salgadeira de Punta Moreiras
  • Saír no pailebote Nieves
  • Visitar o Acuarium Galicia
  • Observar e identificar a fauna mariña salvaxe: as aves e os cetáceos

Datas:

Desenvolverase de luns a venres segundo as datas:

Abril 2009: do 20 ao 24

Maio 2009: do 4 ao 8, do 11 ao 15, do 18 ao 22 e do 25 ao 29

Xuño 2009: do 1 ao 5, do 8 ao 12, do 22 ao 26

(A incorporación ao albergue é o luns pola tarde e a saída é o venres despois do xantar)

Prezo:

O prezo por praza é de 56 €. Quen posúa o carné xove Euro<30 gozará dun desconto do 25% (42 €). O prezo inclúe o aloxamento, en réxime de pensión completa (en cuartos de uso múltiple), as actividades con persoal técnico, as visitas e a navegación nos barcos, un seguro de accidentes e de responsabilidade civil e o desprazamento ao albergue (tanto de ida coma de volta).

Instalacións:

  • Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa) 36620 Pontevedra. Tel.: 986 554 081
  • Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo) 15167 A Coruña. Tel.: 981 791 005

Tríptico e ficha de inscrición

Axudas para cursos de idiomas na UE

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar convoca axudas a mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos, para a realización de cursos de idiomas nos estados membros da Unión Europea.

Se queres máis información, accede á convocatoria

Carné Xove
¿Qué é?

O Carné Xove euro<30 permite a todos os mozos e mozas de entre 12 e 30 anos (ambos inclusive) o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes, tanto no territorio nacional como nos 40 países europeos nos que este carné está implantado. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. É persoal e intransferible, e a súa vixencia é de 2 anos, desde a data da súa expedición.

¿Cómo conseguilo?

Na oficina de Información Xuvenil da Casa da Xuventude podes realizar os trámites para obter o carné xove.

Tan só terás cubrir un formulario e achegar:

  • DNI
  • Pago de 6€ nunha entidade bancaria

Vantaxes

Ao expedir o teu Carné Xove as persoas responsables da Oficina de Información Xuvenil facilitaranche unha guía onde se recollen os establecementos e servizos onde obterás descontos co teu carné.

Obterás descontos en:

  • Hoteis:
  • Obterás o 10% de desconto nas cadeas hoteleiras Ibis e Sol Meliá. Acórdate sempre de mencionar que utilizarás o Carné Xove cando fagas a túa reserva.

  • Museos:
  • Gozarás dun 50% de desconto na entrada dos museos de titularidade estatal e galega, e de outras beneficios en diferentes cursos.

  • Actividades de tempo libre:
  • En todas as actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude obterá como mínimo un desconto do 10%. A porcentaxe de desconto aplicable especificarase no folleto informativo de cada un dos programas e actividades que se leven a cabo.

  • Albergues xuvenís:
  • Co Carné Xove euro<30, xunto co carné de alberguista, obterás un 10% de desconto nas instalacións xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude integradas na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAX). E tamén podes ter descontos nos albergues do territorio nacional e nas pousadas da xuventude portuguesas.

  • Transporte:
  • Pódeste beneficiar de descontos en viaxes en: Renfe, Feve, Ave e Talgo, Transmediterránea, Balearia, Alsa, Autocares Juliá, Autocares Vibasa, Starbus, Socibus, Secorbus, 36 compañías aéreas, Europcar (aluguer de vehículos), Avis (aluguer de vehículos) e Viaxes Marsans.
    Lembra consultar especificamente as liñas de viaxe con descontos previamente.

  • Compras:
  • Nas catro provincias galegas existen diferentes establecementos adheridos ao programa, entre eles en Foz atopamos:

    Hotel Leyton: 10% comida e aloxamento
    Clínica Dental Foz: Revisiones e diagnóstico gratis
    10% en limpezas dentais
    Clínica Dental San Juan: 10% de desconto
    Copistería-Papelería Papiro: 10% de descontos
    Megabyte informática: 10% en xogos
    Centro Óptico da Costa: 10% de desconto
    Perruquería Varela: 10% de desconto
    Kaos: 10% de desconto
    Longarela: 10% de desconto
    Living Sport: 10% en deportes. Tarxeta de videoclube de balde
    Xoiería AG: 10% de desconto
    Autoescola Mundial Viveiro- Foz SL: 10% matrícula

Album de fotografías:

Tardes de Nadal
2008-2009

Tardes de Nadal
2008-2009

Tardes de Nadal
2008-2009

Xuvenlugo

Postal Electrónica de Amor

Área de descarga:
  1. Comparte apuntes, relatos, opinión.
Atención En construcción Estamos traballando nesta sección, en breve estará dispoñible. Disculpen as molestias.

Nestes intres non dispoñemos de nada recente.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]