Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Venres, 26 de Abril de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

Concurso logo para o Parque Infantil de Tráfico
Data: 9 de Maio de 2017
O Concello de Foz organiza o concurso de deseño dun LOGOTIPO destinado a ser a imaxe representativa do Parque Infantil de Tráfico de Foz.

BASES:

O tema do deseño será libre
Valorarase calquera tipo de referencia que se identifique co Parque infantil de tráfico
O logotipo deberá adaptarse a calquera soporte de difusión (papel, cartas, tarxetas, correo electrónico, páxina web, etc.,)
A participación será de carácter individual, e poderán concursar os/as alumnos/as de primaria e secundaria que o desexen dos Colexios de Foz
Cada concursante só poderá presentar un deseño
As propostas entregaránselle aos Directores/as dos Colexios nun sobre pechado que poña no seu exterior: Concurso Logo Parque Infantil de Tráfico de Foz
O prazo de presentación remata o 26 de maio
Dentro deste sobre meterase:
-Debuxo do logo en tamaño DIN A4 e lema.
-E noutro folio DIN A4 os seguintes datos
Nome e apelidos, centro educativo e curso, enderezo, teléfono e e-mail de pais/nais ou titores/as
O Xurado estará composto polos membros que o Concello designe
Haberá un único premio que consistirá en material escolar por valor de 200€

PROPIEDADE INTELECTUAL A propiedade, utilización e dereitos do traballo ganador quedarán reservados exclusivamente ao Concello de Foz. O Concello de Foz terá todos os dereitos sobre o traballo premiado. O/a ganador/a renuncia sen limitación a calquera reserva de dereitos no seu favor ou a calquera outro dereito sobre o deseño. O/a ganador/a farase totalmente responsable fronte ás reclamaciones que puidesen xurdir de calquera natureza ou que terceiros puidesen facer respecto diso, sen carácter exhaustivo, á orixinalidade, parecidos ou copias parciais dos traballos 

Volver a Novas

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]