Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Luns, 24 de Abril de 2017
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Radio FM

RADIO

C/ Rua de Lugo, 1
27780 Foz (Lugo)
Tlf: 982. 14 17 77
e mail: radiofoz@concellodefoz.es


¡ RadioFoz Online !

Radio Foz

Deixa as túas suxerencias no noso foro radiofoz.

A emisora de radio municipal, Radio Foz, sae ás ondas en 1.998, tendo a súa ubicación na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz.

A nosa emisora caracterízase desde os seus comezos pola colaboración habitual de persoas de diferentes idades creando programas de diferente temática: cine, temáticos (medio ambiente, música pop, música heavy, orquestras,…), actualidade, lembranzas, lingua, literatura, entrevistas,…

Aínda que a programación se vai renovando con diversos programas, Radio Foz sempre conta con dous programas fixos na súa emisión: os informativos e un programa de tarde con entrevistas e contidos de actualidade.

Os informativos son un punto de referencia na programación diaria, no que se inclúen tamén deportes e un apartado dedicado ás ofertas de emprego. Durante a súa emisión non só teñen cabida contidos do Concello de Foz, senón novas de toda A Mariña.

Se desexas estar informado de todo o que sucede na comarca, escoita a túa emisora de radio no 107.4 FM.

Actualmente na programación de Radio Foz contamos cos seguintes programas:

  • Bos días Foz: con David Val. Programa de entrevistas, concursos e actualidade
  • Informativos: con Anxo Rivas e David Val
  • Sesión de Tarde: con David Val. Programa con contidos de actualidade, entrevistas e música
  • Chupa Chups: con Lidia Lestegás e Lucía Villarino. Programa de música, entrevistas e concursos
  • A bola de metal: con Ana e Dani. Programa dedicado á música heavy, con actualidade e novidades sobre este tipo de música
  • Mar por medio: con Javi e Catalina. Programa para coñecer as historias dos/as inmigrantes que chegan a Foz.

A música de antes e de hoxe envolve as ondas de Radio Foz o resto da programación.

Horario

horasLunsMartesMércoresXovesVenres
10:00 11:30 Bos días foz Bos días foz Bos días foz Bos días foz Bos días foz
13:00 14:30InformativosInformativosInformativosInformativosInformativos
17:00 18:00Sesión de tarde Sesión de tarde Sesión de tarde Sesión de tarde Sesión de tarde
18:00 19:00Chupa Chups A bola de metal
19:00 20:00Mar por medio
Ás 18:30h. na Sala Bahía, teatro infantil musical da man de Educateatro Produccións, coa obra O mundo máxico de Pinocho.

Sinopse:
Ola: Eu son Pepín, o Grilo Pepín, e a historia que vos vou contar neste espectáculo comeza no taller dun carpinteiro, Gep...
Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]