Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Mércores, 20 de Xuño de 2018
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

Cursos UNED último trimestre 2017
Data: 3 de Novembro de 2017
A UNED-Aula Universitaria de Foz organiza cursos de monitor de tempo libre, de debuxo, de biodiversidade e conservación mariña e sobre o manexo das emocións na etapa preescolar. Foron presentados pola coordinadora do centro, Fuensanta Otero Beltrán, e polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

O curso de monitor de tempo libre comezará o día 18 deste mes de novembro e concluirá o 22 de abril de 2018. As prazas son limitadas e é para maiores de 18 anos que teñan EGB, ESO, FP ou equivalente.

A actividade formativa sobre o manexo das emocións na etapa preescolar iniciarase o 24 deste mes e terminará o 19 de xaneiro. Pódese realizar con asistencia presencial na aula ou por internet, en directo ou diferido.

En canto ao curso de debuxo será de nivel 3 e versará sobre o corpo humano. Desenvolverase os martes de 18 a 21 horas, comezará o día 14 deste mes e concluirá o 30 de xaneiro.

E o de biodiversidade e conservación mariña será do 11 ao 15 de decembro e pode realizarse de maneira presencial ou por streaming, en directo e diferido.

Para obter máis información sobre estas actividades formativas e inscribirse, as persoas interesadas poden contactar coa UNED-Aula Universitaria de Foz a través do teléfono 982.133.699 ou da dirección de correo electrónico foz@lugo.uned.es

Volver a Novas

Actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos nas mañás do verán máis divertido
Dispoñible resumo do proxecto das obras que se realizarán nos vindeiros meses neste vial
Ás 20h. no Cenima, conferencia: a muller nas Forzas Armadas.Impartida pola Capitán Corpos Comúns (Psicoloxía), Ángela Díaz del Río Lago
Festas San Xoán - Vilaronte:
Ás 13h. Misa, procesión e sesión vermú co orquestra Emperadores.
Verbena amenizada polo Dúo Kiko e Noelia e a orquestra Emperadores

Ás 17h. na Sala Bahía, Festival fin de curso da Escola de Música de Foz...