Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Venres, 23 de Febreiro de 2018
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

Recoñecemento aos nosos campións de España de fútbol sala
Data: 24 de Abril de 2017
O alcalde e a concelleira de Deportes de Foz, Javier Jorge Castiñeira e Mercedes González Alonso, fixeron un recibimento aos focegos Ibán García e Lucas Suárez por ser campións de España de fútbol sala. O primeiro logrouno como adestrador da selección galega infantil e o segundo conseguiuno como xogador da selección galega benxamín.

Javier Jorge Castiñeira e Mercedes González Alonso desexáronlles que gardaran na súa memoria non só o éxito do campionato senón tamén o recoñecemento que lles brinda o seu pobo polos seus esforzos, que obtiveron unha gran recompensa. Os dous amosaron orgullosos as súas medallas e foron animados polo alcalde e a concelleira a seguir loitando e gozando do deporte. Ao acto tamén asistiu Christopher Díaz Linares, adestrador da AD Santiago de Foz, club no que xoga Lucas.

Volver a Novas

A Biblioteca Pública Municipal Salgado Toimil organiza unha nova edición deste certame
Accede a toda a información sobre o curso 2017 -2018 das EDM Foz
Ás 18:30h. na Sala Bahía, teatro infantil. A compañía Teatro Cubo presenta a súa obra O faiado.

Sinopse:
Vera, Roi e Anxo son tres irmáns con formas diferentes de ver o mundo. Tras un acontecemento familiar, que pode cambiar o curso das súas vidas, v...
Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]