Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Mércores, 20 de Xuño de 2018
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

XVII Certame de Poemas de Amor
Data: 26 de Xaneiro de 2018
Bases:

1) Poderán participar toda as persoas que o desexen en tres modalidades: Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de 13 a 18 anos) e Adultos (de 19 en diante).
2) O tema será referente ao amor e ao Día de San Valentín.
3) A extensión máxima será dunha folla DIN-A4. Pode ser escrita a máquina, ordenador ou a man (en maiúsculas).
4) Os poemas presentaranse sen ningunha identificación exterior. Deberán acompañar ao poema un sobre pechado no que se introducirá : nome, apelidos, dirección completa, teléfono e a idade.
5) Os poemas presentaranse preferentemente en galego.
6) Os traballos entregaranse na Biblioteca Pública Municipal e o prazo de presentación será ata o día 26 de febreiro de 2018 e tamén a través de biblioteca@concellodefoz.es
7) Os premios por cada modalidade serán os seguintes:
1º e 2º Premio Infantil : Lote de libros máis agasallo
1º e 2º Premio xuvenil : 50€ e cea - 30€ e cea
1º e 2º Premio adultos : 100€ e noite de hotel - 60€ e cea
8) Os poemas pasarán a ser propiedade da Biblioteca Municipal e resérvase a facer o uso que considere oportuno.
9) O fallo do xurado será anunciado a través do Facebook do Concello, Radio Foz, prensa ou ben chamando ao 982 14 06 75. A entrega de premios será nun acto a celebrar o día 3 de marzo ás 20:00h. no Salón de Actos da Casa da Cultura.
10) A participación no certame implica a aceptación destas bases.

No acto de entrega de premios contaremos coa actuación dos/as ALUMNOS/AS DA AULA MODERNA DA ESCOLA DE MÚSICA DE FOZ e FELIPE SÁNCHEZ

Volver a Novas

Actividades para nenos e nenas de 3 a 12 anos nas mañás do verán máis divertido
Dispoñible resumo do proxecto das obras que se realizarán nos vindeiros meses neste vial
Ás 17h. no Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño, conferencia e visita guiada: San Martiño de Mondoñedo, un monumento singular da arte medieval galega, polo profesor de arte medieval Manuel Castiñeiras

Ás 20h. no Cenima, conferencia: a muller nas Forzas Armada...
Festas San Xoán - Vilaronte:
Ás 13h. Misa, procesión e sesión vermú co orquestra Emperadores.
Verbena amenizada polo Dúo Kiko e Noelia e a orquestra Emperadores

Ás 17h. na Sala Bahía, Festival fin de curso da Escola de Música de Foz...