Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Xoves, 25 de Abril de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

Fogueiras de San Xoán e San Pedro
Data: 17 de Xuño de 2019
Estando xa próxima a celebración da noite de San Xoán e San Pedro, na que é tradicional o acendido de innumerables fogueiras, e en prevención dos prexuízos que a persoas e bens públicos ou privados se puideran producir, establécense as seguintes normas ás que deberán axustarse as tradicionais fogueiras para festexar o lume novo:

1ª.‐ Queda prohibido queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos.
2ª.‐ As fogueiras non poderán facerse en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo.
3ª.‐ Non poderá iniciarse a fogueira se as condicións meteorolóxicas dificultan o seu control, especialmente nos días de vento. Así mesmo, se acesa a fogueira aparecera vento, suspenderase inmediatamente e procederase á apagar o lume.
4ª.‐ Non se abandonará a vixilancia da zona queimada, ata que o lume estea totalmente apagado e non se observasen chamas ou brasas.
5ª.‐ O responsable ou responsables e os organizadores de cada fogueira deberán retirar do lugar de celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.
6ª En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase a sufocar de inmediato a fogueira polo Servizo de Extinción de Incendios.
7ª.‐ As comunicacións da realización das fogueiras faranse no TLF. 982.133.159 ou na OFICINA DE MEDIO AMBIENTE, CENIMA, Avd da Ribeira s/n. HORARIO 9:00h A 13:30h.

O prazo para presentar as anteditas comunicacións neste Concello, remata ás 13:30 horas do vindeiro día 19 de xuño.

Volver a Novas

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]