Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Martes, 12 de Decembro de 2017
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Cultura >> Biblioteca

Biblioteca

Información xeral
Casa da Cultura 'Poeta Manuel María'

Casa da Cultura "Poeta Manuel María"
R/ de Lugo, 1 – 2º andar
27780 Foz (Lugo)
Tlf/Fax: 982. 14 06 75

Horario xeral:
Luns a venres:
de 10:00 a 14:00 horas / de 17:00 a 20:00 horas
Sábados:
de 10:30 a 13:00 horas.

Horario de verán:
Luns a venres:
de 09:00 a 14:00 horas / de 18:00 a 20:00 horas

A Biblioteca Pública Municipal de Foz, é un espazo para a convivencia, que fomenta o desenvolvemento persoal e colectivo, un centro de información local e que desenvolve actividades de animación á lectura e que quere implicarse na sociedade local como elemento democratizador, de información e dinamización cultural.

Pretendemos ser un centro activo e dinámico, unha biblioteca aberta á comunidade que rompa cos estereotipos de centros pechados, mero depósito de libros e no que se entra sempre con precaución e dúbidas.

A Biblioteca Pública Municipal é un servizo público que ten que ser tamén un centro cultural, ofertar aos/ás cidadáns/ás máis servizos e actividades e desenvolver unha programación na que se permita o achegamento aos autores e propostas de animación á lectura para todos os tramos de idade.

Carné de Lector

Para a utilización do Servizo de Préstamo o usuario deberá posuir o Carné de lector. O seu uso é persoal e intrasferible. Para obtelo é necesario:

  • Unha fotografía tamaño carné
  • Presentar o DNI
  • O carné será entregado no prazo que indiquen na biblioteca.

A perda do carné deberá ser comunicado á biblioteca, e os lectores deberán comunicar calquer cambio de domicilio ou teléfono de contacto.

Condicións do préstamo

Para poder levar documentos en préstamo é imprescindible dispoñer do carné de socio da Biblioteca Pública Municipal de Foz que se pode obter completamente de balde.

  • É susceptible de préstamo toda a colección bibliográfica e audiovisual excepto:
    • As obras consideradas de consulta
    • O número vixente das revistas
    • Os xornais
    • Os diarios oficiais
  • Número de préstamos: dous documentos por préstamo ampliable a tres en caso de materiais audiovisuais
  • A duración do préstamo é de 15 días prorrogables outros 15 no caso dos libros, a non ser que outro lector fixese reserva do mesmo exemplar.
  • O atraso na devolución dun documento implica unha suspensión temporal do préstamo proporcional ao atraso e ao número de documentos prestados.
  • Se se quere ler un libro e nese momento está prestado, é posible solicitar unha reserva sobre el. Cando o libro estea dispoñible a biblioteca avisa por teléfono e entón pódese recoller nun prazo non superior a tres días.
  • No caso de perda ou deterioro dun libro ou calquera outro documento da biblioteca débese repoñer con outro idéntico ou de similares características.
Uso de Internet e do acceso WIFI

Internet e o acceso Wifi é totalmente gratuíto para todos/as os/as usuarios/as que o precisen.

A utilización do servizo de internet, polas súas características, require cumprir cos seguintes requisitos

  • Só se poderá usar internet a partir dos 16 anos, ou os menores desta idade, con autorización do pai, nai ou titor. O uso principal de internet será a busca de información podendo ser retirada a sesión de persoas que incumpran este requisito.
  • Os adultos que usen os computadoras serán responsábeis do comportamento dos menores que os acompañen.
  • O tempo de uso dependerá do número de peticións. De existir lista de espera, o tempo máximo será de 60 minutos. No caso de non haber ninguén en espera poderase utilizar o servizo ata o remate de 90 minutos.
  • Para a impresión de documentos o usuario farase cargo do custo da utilización deste servizo.

O usuario comprométese a respectar en todo momento a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e a facer un uso adecuado do servizo de acceso a Internet, tendo sempre presentes os principios que rexen a actividade da biblioteca pública.

A biblioteca non será responsábel en ningún caso da información que poidan recuperar ou á que poidan acceder os usuarios a través dos postos de Internet.

Non está permitido:

  • Destruír o equipamento ou o software que contén.
  • Crear ou mostrar material obsceno ou pornográfico.
  • Expor, introducir ou crear arquivos ou material que poidan molestar a outros usuarios.
  • Copiar sen autorización material protexido por dereitos de autor ou non respectar os acordos de uso das licenzas de software.
  • Violar a privacidade de outros usuarios.

O mal uso dos computadores ou de internet poderá implicar posíbeis accións legais contra os usuarios que incumpran estas normas.

Deberase informar de calquera dificultade técnica ao persoal da biblioteca. Este poderá prestar axuda aos usuarios no manexo básico dos computadores e de internet, sempre que este traballo non interrompa outros labores bibliotecarios e a atención ao público. O persoal da biblioteca non pode proporcionar axuda avanzada no uso dos computadores e non é responsábel da perda de datos ou información.

Podes pedir cita a través do número de teléfono 982 140 675 ou co e-mail foz@rbgalicica.org.

Tanto no exterior como no interior da Biblioteca terás acceso a conexión wifi para o uso de portátiles para o que so necesitas habilitar a conexión inalámbrica do teu portátil. Para establecer esa conexión o si tes dúbidas so tes que dirixirte ao persoal da biblioteca e eles informaranche sobre os pasos a seguir.

Regulamento

Atención En construcción Estamos traballando nesta sección, en breve estará dispoñible. Disculpen as molestias.

Catálogo
Ás 19:30h. na Sala Bahía, concerto de arpas LULAVAI

Lorena Reinaldo
Paula Oanes
Josefa Fernández
Elena Paz

Elas forman este insólito cuarteto, onde o protagonismo das arpas celtas e o doce son das súas voces, dan vida a unha formación única

Entrad...
Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]