Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Sábado, 20 de Abril de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Axenda » LISTADO SEMESTRAL

Dende cando desexa ver os eventos:

Venres, 24 de marzo
Ás 21:30h. na Casa da Cultura, teatro da man da compañía Teatro do Morcego que representará a obra Presidente

Sinopse: En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o PRESIDENTE do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o PRESIDENTE visitará persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que o voten. Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do PRESIDENTE: unha familia humilde en situación crítica cos seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos valores tradicionais, ou unha familia monoparental antisistema escoitarán de súpeto como soa o timbre da súa porta e diante deles aparece o PRESIDENTE disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor.
Conseguirá o PRESIDENTE o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catro anos?

Duración: 80 minutos
Entrada: 2,5€ menores e bonificadas (estudantes, xubilados/as) - 3,5€ persoas adultas

Volver a Axenda

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]