Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Xoves, 15 de Novembro de 2018
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Axenda » LISTADO SEMESTRAL

Dende cando desexa ver os eventos:

Sábado, 20 de outubro
Ás 18h. na antiga escola de Fazouro, proxección fotográfica: Foz, onte e hoxe. A cargo de Xesús do Breogán

Ás 19:30h. na Casa da Cultura, Sarabela Teatro representará a obra Normas para vivir na sociedade actual

Sinopse:
Escrita en 1.993 por Jean Luc Lagarce, o autor contemporáneo máis representado en Francia, parte dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente baronesa de Staffle, quen de forma sutil dá instrucións de como debemos comportarnos.

Nacer non é complicado, morrer é moi fácil, vivir entre estes dous acontecementos non é necesariamente imposible

Baixo a forma dun divertimento irónico, cómico e en aparencia lixeiro, esconde a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e coa súa hipocrisía, fai imposible a sinceridade.

Entrada: 3,5€

Volver a Axenda

Ás 20:00h na Casa da Cultura, Charla médica a cargo do nutricionista, Juan Latorre, que falará sobre Mediciña na cociña. Nutrición saudable

Ás 21h na Casa da Cultura, concerto do Combo de adultos da Escola Municipal de Música de Foz
Accede a toda a información sobre o curso 2018 -2019 das EDM Foz
Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]