Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Axenda » LISTADO SEMESTRAL

Dende cando desexa ver os eventos:

Venres, 30 de marzo
En Foz:
Durante todo o día, na praza Conde de Fontao, mercado artesanal. Unha vintena de postos, ademais de maxia e inchables

Semana Santa de San Martiño:
Ás 12h. na Basílica, solemne Viacrucis polo interior do templo. Este Calvario será teatralizado con textos do poeta local Saros. En cada estación será lida unha estrofa. Coincidindo coa undécima estación deste Viacrucis terá lugar o Acto do Cravado (Cravado de Xesucristo na Cruz). Acto único da Paixón que se desenvolve en todo Galicia
Ás 12:30h. Acto das Sete Palabras, que concluirá co canto da Salve Mariñeira a cargo do Coro Parroquial de Foz. Nestes dous actos intervirán máis de medio cento de persoas. Ás sobrias pero emotivas ambientacións dunha antiga catedral románica, engádese a aportación musical de compoñentes da Escola Municipal de Música, como Ángel Leytón, e o Coro Parroquial de Foz
Ás 12:45h. Concerto especial de Venres Santo, a cargo do Coro Parroquial de Foz (XV Semana de la Música Xosé Alonso)
Ás 17h. Liturxia do Venres Santo na Basílica. Seguidamente, acto do Desencravo, unha obra do Confrade de Honra Luis García Calvo. Configura este Acto a pasaxe teatralizada do Descendemento de Xesucristo e o seu enterro
Ás 18h. polo Barrio Medieval do Caritel (percorrido tradicional), procesión do Santo Enterro, cos pasos do Cristo Xacente, Virxe das Dores, San Xoán Evanxelista e María Magdalena (levada por mulleres). Nesta procesión participará a Banda da Escola Municipal de Música de Foz

Volver a Axenda

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]